Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Precampaña Eleccións Xerais 10N: O PP insistirá nunha política de apoio á empresa como motor de emprego reducindo cargas administrativas e unha baixada de impostos

Imprimir ppou - 31-Outubro-2019 - 16:20:26 


• No parque empresarial de Pereiro de Aguiar, onde visitaron a cooperativa Cofano de loxística farmacéutica, os candidatos populares ao Congreso e ao Senado destacaron a necesidade de favorecer o investimento empresarial e a creación de emprego para manter a actividade industrial nun área estratéxica para a provincia como a que conforman o propio parque de Pereiro, xunto co polígono de San Cibrao e a Tecnópole.

31, outubro, 2019.

A defensa da actividade industrial, como xeradora de emprego, precisa dun compromiso decidido e forte por parte dos Gobernos, un ámbito no que o Partido Popular manterá as súas propostas para a simplificación das cargas administrativas e un reforma de impostos, entre outras. Así o manifestaron os candidatos do Partido Popular para as eleccións xerais do 10 de novembro no parque empresarial de Pereiro de Aguiar, onde esta mañá visitaron a cooperativa galega Cofano no sector da loxística farmacéutica. 

  
  
Na visita participaron os candidatos ao Congreso -Ana Vázquez, Celso Delgado e Avelino García- e ao Senado –Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández-, acompañados polo alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor. Todos eles destacaron a necesidade de favorecer o investimento empresarial e a creación de emprego para manter a actividade industrial e de servizos asociados, nunha área estratéxica para a provincia como a que conforman o propio parque de Pereiro de Aguiar, xunto co polígono de San Cibrao das Viñas e o Parque Tecnolóxico.
Nun momento no que os indicadores económicos falan de desaceleración, sinalaron os candidatos populares, as empresas  precisan de iniciativas decididas por parte dos Gobernos, medidas que o Partido Popular inclúe no seu programa e que se basean na eliminación de cargas administrativas e simplificación dos trámites para crear unha empresa; garantir a unidade de mercado; a rebaixa do tipo máximo do Imposto de Sociedades para que non supere o 20 %; na medida do posible reducir as cotizacións socias ás as empresas; ou un prezo da enerxía que teña o menor impacto posible nas empresas.

O compromiso do Partido Popular por esta área industrial ourensán, subliñaron, ponse tamén de manifesto na mellora das comunicacións, a través do futuro enlace coa autovía A-52 que constrúe a Xunta de Galicia, ou a firme aposta pola formación dos traballadores que realiza a Deputación de Ourense, conseguindo que a provincia sexa un referente na comunidade co Centro Galego de Innovación da Formación Profesional. Tamén traballarán nas Cortes Xerais para impulsar o estudo dun proxecto de terminal ferroviaria de mercadorías no polígono de San Cibrao.

Os candidatos destacaron ademais a visión en positivo que sempre fan do empresariado ourensán, dos que están e dos que virán, pola súa contribución ao desenvolvemento e ao futuro da provincia.
 
POSTA EN VALOR DA LOXÍSTICA FARMACÉUTICA.

Os membros das listas do PP ao Congreso e ao Senado visitaron a cooperativa farmacéutica Cofano, onde acompañados polos directivos coñeceron de preto a importancia do papel da distribución na cadea de valor do medicamento.

Fundada en 1951 e con capital 100 % galego, a cooperativa está formada por máis de 700 socios de toda Galicia e da traballo directo a máis de 150 persoas nas catro provincias, xerando en total máis de 300 empregos, e cunha facturación anual de 260 millóns de euros.


Suscíbete:
Redes Sociales: