Noticias
Blog
A comisión de seguimento do pacto entre o Partido Popular de Ourense e Democracia Ourensana analiza a actualidade política local e provincial
Ourense, 29 de outubro de 2019. A comisión de seguimento do pacto entre o Partido Popular de Ourense e Democracia Ourensana reuniuse hoxe na súa xuntanza periódica, na que analizou a actualidade política local e provincial. Presidida polo presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, e o de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, na reunión tamén participaron o representante do PPOU, Jorge Pumar, e de DO Armando Ojea e Miguel Caride. Esta comisión, constituída o pasado mes de xullo, permite dar estabilidade aos gobernos do Concello de Ourense e da Deputación provincial, formando coalición entre os dous partidos, en perfecta sintonía, e co labor de avanzar no desenvolvemento socioeconómico da capital ourensá e da provincia, fortalecendo así un pacto para o presente mandato de catro anos, no ámbito municipal e provincial.