Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Precampaña Eleccións Xerais 10N: O PP fai da colaboración entre administracións o eixo das súas políticas de desenvolvemento rural e do emprendemento

Imprimir ppou - 29-Outubro-2019 - 17:34:02 


• Os candidatos populares defenderon o carácter colaborador da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia durante a súa visita ao Centro Agroforestal de Riós, onde se dá apoio a un produto diferenciador e motor da economía rural como é castaña, así como a unha das empresas máis importantes da comunidade no sector da maquinaria agrícola e forestal, denunciando a preocupación dos agricultores polo “dieselazo”.

• Nun encontro a última hora da tarde coa comunidade venezolana, os candidatos subliñaron que a provincia non só a constrúen os ourensán que residen aquí, senón que tamén se fixo co enorme esforzo de todos os que tiveron que marchar, razón máis que suficiente para que o Partido Popular teña sempre un espazo e iniciativas para responder ás necesidades da emigración.


29, outubro, 2019.

  
  
As políticas de desenvolvemento, creación de oportunidades e emprendemento do Partido Popular teñen o seu eixo na procura constante de colaboración entre as administracións, subliñaron os candidatos populares ao Congreso e ao Senado logo da visita que hoxe realizaron ao Concello de Riós, onde coñeceron en detalle o labor que realiza o Centro Agroforestal ubicado neste municipio, así como a empresa máis importante do Val de Monterrei e unha das de Galicia no sector de maquinaria agrícola e forestal.
 
Ana Vázquez e Celso Delgado, candidatos ao Congreso, e Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández polo Senado iniciaron a xornada de traballo en Riós, onde acompañados polo alcalde, Francisco Armando Veiga, e membros do seu goberno local, visitaron o Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, destacando a súa importancia en tanto que a promoción, produción e comercialización da castaña, como produto diferenciador e motor da economía rural, son cuestións provinciais de primeira orde.

O Centro Agroforestal de Riós, que dá servizo ás comarcas de Conso-Frieiras e Monterrei asesorando aos produtores, resolvendo dúbidas e axudando mediante a investigación a conseguir unha produción da máxima calidade, é segundo subliñaron os candidatos un claro exemplo da colaboración entre administracións.

  
  
Así, por unha banda destacaron o apoio constante da Deputación de Ourense, que para este mandato e dentro do plan de goberno 72-73 inclúe asumir a xestión deste centro, complementando deste xeito o traballo que se desenvolve, desde hai anos, no centro que a institución provincial ten en Xinzo de Limia, centrado na pataca. Por outro lado, puxeron en valor o apoio da Xunta de Galicia, facilitando a incorporación ao centro de técnicos especialistas e involucrada na loita contra a praga da avispilla.

Este carácter cooperador tamén foi destacado no ámbito da maquinaria agrícola e forestal, lembrando os candidatos as distintas axudas que concede a Deputación e maila Consellería de Medio Rural aos concellos para a adquisición de tractores ou brazos para desbroces.

Para coñecer máis de preto o sector da maquinaria agrícola, os candidatos tamén visitaron a empresa José Estévez, a máis importante do Val de Monterrei e unha das de Galicia no seu ámbito. Alí lembraron a preocupación existente entre os agricultores polo denominado “dieselazo”, xa que aínda que o Goberno central mantén que o aumento do prezo deste combustible non lles afectaría están preocupados pola afirmación da ministra de Transición Ecológica, Teresa Ribera, ao dicir que os motores diésel teñen os días contados, criticando os candidatos este tipo de declaracións “cando o investimento nun tractor ten unha elevada contía para os agricultores sen que exista por ahora alternativa algunha”.

A piques de rematar un amplo calendario de precampaña, con máis de trinta actividades desenvolvidas ao longo do presente mes de outubro, e logo de escoitar a alcaldes e empresarios, os candidatos quixeron destacar que constataran a necesidade de traballadores nos ámbitos agrario e de servizos no rural,  polo que avogaron por seguir a facer un esforzo conxunto entre administracións tanto na formación como na promoción de emprego.
 
ENCONTRO COA COMUNIDADE DE VENEZOLANOS EN OURENSE.

  
  
Os candidatos populares remataron a xornada de hoxe cun encontro cos representantes da asociación de venezolanos máis importante de Galicia: Alma Llanera, xuntanza na que tamén participaron o coordinador de Acción Exterior do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, e o presidente local do PP na cidade, Jesús Vázquez.

A comunidade migrante máis numerosa de cantas residen en Ourense é, precisamente, a venezolana. Máis de 10.000 emigrantes retornados de Venezuela residen na provincia, recalando máis da metade dos mesmos na cidade.

Os candidatos subliñaron que a provincia de Ourense non só a constrúen os ourensán que residen aquí, senón que tamén se fixo co enorme esforzo de todos os que tiveron que marchar, razón máis que suficiente para que o Partido Popular teña sempre un espazo e iniciativas para responder ás necesidades da emigración.

Tanto os candidatos como o responsable de emigración do PP de Galicia escoitaron as demandas dos presentes e responderon ás súas dúbidas, detallando as medidas que o PP inclúe no seu programa, como a reforma da lei electoral (LOREG) para facilitar  a participación dos españois no exterior nas eleccións, unha estratexia de coordinación entre administracións para un mellor apoio aos emigrantes, o recoñecemenmto da nacionalidade española para fillos e netos de emigrantes e a homologación de titulacións, co obxextivo de eliminar obstáculos na equiparación e fomentar unha migración altamente cualificada.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: