Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP confía en Argimiro Marnotes para dirixir un concello chamado a ser un dos motores da provincia

Imprimir ppou - 07-Marzo-2011 - 21:58:43 

O auditorio do Carballiño acolleu o acto de presentación de Argimiro Marnotes como candidato polo Partido Popular á Alcaldía de Carballiño, coa presenza do presidente rexional do PP, Alberto Núñez Feijoo, e do presidente provincial do partido, Manuel Baltar, quen se referiu a Marnotes afirmando que "é leal, traballador e con experiencia, ademais de sobradamente preparado para dirixir un concello chamado a ser un dos motores da provincia".
Manuel Baltar dixo que Argimiro Marnotes é "o alcalde do cambio". "Carballiño necesita un cambio de alcalde, o que hai xa non está, e no BNG retiraron ao anterior candidato. Pero Argimiro segue aí para devolverlle ao Carballiño a estabilidade que non ten, e para que este concello pise forte no futuro".    

Baltar anunciou a creación, dentro do PP de Ourense, dunha "comisión de seguimento do cumprimento dous programas electorais" que velará pola realización das propostas, "cribles e realizables, que conformen as mensaxes dos candidatos, froito das achegas dos cidadáns, calquera que sexa a súa afinidade política.
Chega ou momento de arrimar o ombro, de pensar en clave de equipo, dende o punto de vista dos cidadáns".
Pola súa banda, o candidato falou sobre o actual goberno municipal afirmando: "Temos que ser nós, o Partido Popular,quen goberne porque diremos sempre a verdade, xestionaremos os recursos con sentido común, e como sempre di o noso presidente da Xunta, non gastaremos máis do que temos e pagaremos o que debemos. Xuntos, entre todos, podemos facer un Carballiño do que todos nos sintamos orgullosos".
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pechou o acto sinalando que "o PPdeG, ao igual que o Goberno galego, se compromete cunha política económica equilibrada: coa cooperación, para que Galicia sexa un país máis competitivo; cunha xestión que substitúa á burocracia e os trámites innecesarios pola eficacia e o servizo público; e con non subir os impostos aos cidadáns como ten feito o Goberno de España de forma continuada".
Tamén chamou Feijóo a atención sobre "o compromiso" que o Goberno galego "está a mostrar" con Carballiño e Maside, onde apuntou a "aposta polo termalismo", así como polo desenvolvemento industrial e por "escoller a mellor opción" para o templo de Veracruz do Carballiño.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: