Noticias
Blog
O PP esixe a demisión do alcalde de Laza tralo despido dun traballador municipal que a xustiza cualifica como “discriminación por ideas políticas”
• A cualificación destes feitos, que o xuíz non dubida que teñen “motivación política” foi denunciada con contudencia polo secretario xeral do Partido Popular ourensán, Rosendo Fernández, para quen “aínda é máis grave tendo en conta que o alcalde do PSOE foi director do Instituto Nacional da Seguridade Social en Ourense, onde se supón debería ter aprendido a valorar os dereitos dos traballadores, e máis aún a lexitimidade da súa orientación política”
• O portavoz popular en Laza, José Ramón Barreal, denuncia tamén que houbo outros tres xuízos máis nos xulgados do Social nos que outros tantos traballadores solicitaban a fixeza, ambos os tres perdidos polo Concello, e que aínda ten outra causa pendente por acoso laboral a unha traballadora.
28, outubro, 2019.
Unha sentenza do xulgado do Social número 4 de Ourense cualifica como “discriminación por ideas políticas” o despido dun traballador do Concello de Laza e ex edil do Partido Popular, César González González, ao que lle foi comunicada a extinción do seu contrato 13 días despois da chegada á alcaldía do socialista Jesús Blanco. A cualificación destes feitos, que o xuíz non dubida que teñen “motivación política” foi denunciada con contudencia polo secretario xeral do Partido popular de Ourense, Rosendo Fernández, para quen “aínda é máis grave tendo en conta que o alcalde do PSOE –que goberna en coalición con En Marea X Laza- foi director do Instituto Nacional da Seguridade Social en Ourense, onde se supón debería ter aprendido a valorar os dereitos dos traballadores, e máis aún a lexitimidade da súa orientación política”.
“Comparte el juzgador el criterio del ministerio fiscal considerando que existe vulneración de los artículos 14 y 16 de la Constitución Española, discriminación por ideas políticas, pues ha sido suficientemente acreditado que el actor era notoriamente militante –o simpatizante- de la fuerza política contraria a la que gobierna en el Concello y que el despido se produjo precisamente con el cambio de gobierno”. Así sinala textualmente o fallo do xulgado do social número 4 de Ourense, que condea ao Concello de Laza á readmisión do traballador, co abono dos salarios non percibidos e ao pagamento dunha indemnización de 1.500 euros.
O portavoz do Partido Popular en Laza e alcalde ata a o pasado mandato, José Ramón Barreal, explicou que o despido do traballador foi “unha decisión persoal do alcalde, pero consensuada cos seus socios de goberno, sen ningún informe dos servizos xurídicos municipais nin externos”.
O día 28 de xuño, un mes despois das eleccións municipais, e nun breve escrito de doce líneas, o alcalde socialista comunicáballe ao empregado a extinción do contrato, vixente desde 2012, impoñéndole o desfrute de vacaciones entre o 1 e o 15 de xullo, día no que cesaría na súa actividade como albañel.
O portavoz popular sinalou que o seu grupo tratou de arranxar esta situación no pleno celebrado o 11 de xullo, “ao que se opuxo a maioría conformada por socialistas e concelleiros de En Marea, dicindo que a decisión era firme e non tiña marcha atrás, pese a que lles advertimos do erro e dos gastos que lle iba a ocasionar ao concello”.
José Ramón Barreal afirmou que “estamos ante unha clarísima vinganza política, cunha persoa que lle dedicou moitas horas á veciñanza como concelleiro durante tres mandatos, entre 1987 e 2011, e que levaba oito anos e medio de traballo exemplar para o concello, recoñecido ademais polos seus veciños”.
Denuncia o portavoz popular en Laza que o custo “desta decisión arbitraria” é de 10.563 euros, polo pagamento dos salarios atrasados, a Seguridade Social, as vacacións -considera o maxistrado que as disfrutou pero sin a súa conformidade- e a indemnización fixada na sentenza, “diñeiro que sairá das arcas arcas do concello e dos petos dos veciños”. Ademais, indicou Barreal, a este custo hai que sumar os honorarios do avogado que representou ao Concello, “feito que tamén reprobamos xa que cando os concellos teñen que defender pleitos solicitan asistencia letrada á Deputación, que a facilita de forma gratuíta”.
A todo esto, denunciou tamén o portavoz popular, hai que engadir que ata o momento xa se celebraron tres xuízos máis nos xulgados do Social de Ourense nos que outros tantos traballadores solicitaban a fixeza, ambos os tres perdidos polo Concello pero recurridos polo alcalde ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Aínda ten ademais outra causa pendente por acoso laboral a unha traballadora.
ACTITUDES QUE NON TEÑEN CABIDA NUNHA DEMOCRACIA.
“Unha sentenza tan clara, na que o maxistrado di textualmente que o despido do traballador tivo motivacións políticas, é unha razón de peso suficiente para esixir a demisión inmediata do alcalde socialista, tendo en conta ademais que presumía de ter sido director do INSS en Ourense, onde debería ter aprendido a valorar os dereitos dos traballadores”.
O secretario xeral do Partido Popular de Ourense valorou así este fallo, reclamando ao partido socialista que tome as medidas necesarias para que “este alcalde sexa apartado do seu posto e da política, pois actitudes como esta non teñen cabida nunha democracia moderna”.