Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Precampaña Eleccións Xerais 10N: Os candidatos do PP tachan de agravio que o Goberno aínda non licitara o primeiro subtramo da circunvalación norte entre Eirasvedras e Quintela

Imprimir ppou - 28-Outubro-2019 - 15:52:53 


• Nunha ampla axenda de traballo, os membros das listas ao Congreso e ao Senado visitaron os concellos de Coles e Vilamarín, onde denuncian a lentitude das obras da autovía A-56 entre Sanmartiño e A Barrela, así como o aplazamento dos demáis tramos, esixiendo tamén que se aceleren os trámites do paso inferior e do enlace de Ribela, na N-525.

28, outubro, 2019.

Os candidatos do Partido Popular ao Congreso -Ana Vázquez e Celso Delgado- e ao Senado –Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández- reivindicaron hoxe o impulso e inicio de diferentes infraestruturas de comunicación de gran importancia para a cidade e para a provincia, comezando pola variante norte de Ourense, que a 64 días de que remate o ano aínda non foi licitada. Tamén visitaron os candidatos o Concello de Vilamarín, onde se está a construír o tramo Sanmartiño-A Barrela da autovía A-56, e sobre cuxa finalización o Goberno se nega a dar data algunha. Ademais, esixiron ao Goberno o remate do proxecto de mellora de seguridade viaria na N-525, no cruce cara á localidade de Ribela.

Empresarios e veciños, afirmaron os candidatos, demandan que se axilicen estes proxectos, asegurando que seguirán a vixiar o seu desenvolvemento desde o Congreso e o Senado, co apoio dos respectivos concellos implicados e da Deputación de Ourense, posto que son infraestruturas de enorme importancia para as comunicacións do territorio ourensán co resto de Galicia.

VARIANTE NORTE DE OURENSE- EIRASVEDRAS-QUINTELA

En Quintela, os candidatos criticaron que a dous meses de que remate o ano o Goberno central aínda non licitara as obras de construción da variante norte de Ourense, e moi especialmente do subtramo Eirasvedras-Quintela, de un 1,7 quilómetros.

  
  
En xullo deste ano, logo dunha interpelación dos deputados Celso Delgado e Ana Vázquez, o Goberno informou que o citado proxecto fora sometido á Auditoría de Seguridade Viaria -despois de meses de longa espera- e tamén que o proxecto de construción do tramo Eirasvedras e a N-120, no seu  punto qm. 573,800, ata a ligazón de Quintela, no seu pq. 572,000, fora aprobado pola Dirección Xeral de Estradas o 22 de abril cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros.

Unha esperada nova que se tiña que producir no ano 2018, pero que foi deliberadamente adiada polos novos responsables socialistas do Ministerio de Fomento, que interpelados de novo o pasado 3 de xullo sobre as previsións de licitación respondían, sen comprometer data algunha, que “tratándose dunha das actuacións prioritarias, procederase a licitar as obras na medida que o permita a dispoñibilidade orzamentaria”.

Os candidatos rexeitaron calquera escusa máis e  lembraron de novo que nos Orzamentos Xerais do Estado -elaborados polo executivo de Rajoy e aínda prorrogados-  existe unha partida consignada de 2,5 millóns de euros para licitar as obras deste tramo e, polo tanto, “existe claramente disponibilidade orzamentaria e o único que é preciso e vontade política de licitar”.

Engadiron tamén que o Goberno Central presentou a principios deste ano un proxecto de orzamentos para 2019 –afortunadamente rexeitados- no que para este tramo non existía consignación algunha, o que provocou enormes protestas. 

O Goberno ten a responsabilidade, e tamén a capacidade, de impulsar unha das infraestruturas máis urxentes e importantes para Ourense como é a variante norte, e polo tanto os candidatos consideran un agravio esta demora, polo que esixen que leve xa ao Consello de  Ministros este expediente e se liciten antes de rematar 2019 as obras do tramo Eirasvedras-Quintela, deixando poñer condicionantes orzamentarios inxustificados, “xa que un goberno en funcións non é un goberno sen obligacións.

AUTOVÍA OURENSE-LUGO (Guntín)

A xornada de traballo dos candidatos continuou en Sanmartiño, no Concello de Vilamarín, acompañados polo alcalde, Amador Vázquez, e membros do seu equipo de goberno, así como polo alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, e polo portavoz popular en Coles, Luis Antonio Iglesias. Alí fixeron un repaso á situación actual da autovía A-56, que unirá Ourense con Guntín e desde aquí terá continuidade ata Lugo a través da A-54 (Santiago-Lugo).
Unha autovía que constará de oito tramos, 3 deles en Ourense e 5 en Lugo. Pero na actualidade tan só un está en obras.

  
  
Tramos na provincia de Ourense

• Ourense-enlace Cambeo (9 quilómetros e 94,86 millóns de euros).
Este tramo, xunto ao variante norte de Ourense, son os prioritarios da A-56 por tráficos próximos a 10.000 vehículos e pola siniestralidade existente na  N-525.

O proxecto segue en redacción. Modificouse o trazado do subtramo Ourense-Coles (respecto á solución seleccionada polo estudo informativo aprobado en 2006) para  minimizar os impactos sobre o territorio, postos de manifesto na información pública do proxecto de trazado (2013). 

O pasado 30 de maio, os deputados no Congreso Celso Delgado e Ana Vázquez interesáronse pola situación en que se atopaba a redacción do proxecto deste tramo, respondendo o Goberno que “continúa en redacción”.

Compre apuntar que o informe de impacto ambiental da nova alternativa no subtramo Ourense-Coles foi formulado en 2017. Transcorreron moitos meses e debería estar xa redactado este proxecto.

• Enlace Cambeo-Sanmartiño (8,5 quilómetros e 73,14 millóns).
Está aprobado o trazado do intercambiador de  Cambeo (A-56,  N-525 e  N-540) e pendente de finalizar a redacción do tramo Cambeo-Sanmartiño.

O proxecto segue en redacción e compre actualízalo á normativa técnica vixente, pero para Fomento non é un tramo prioritario por tráfico (inferior a 5.000 vehículos/día).
 
Tamén en maio, os deputados populares preguntaron ao Goberno polo estado deste proxecto, sendo a contestación: “continúa en redacción”.

Tramos na provincia de Lugo

• San Martiño-A Barrela (9,8 quilómetros e 33,43 millóns de euros, cun investimento total estimado de 48,19 millóns).
Este tramo ten un longo historial, onde o BOE do 23 de febreiro de 2008 publicou a licitación do contrato do citado tramo  que entón tiña unha lonxitude de 8,8 quilómetros e un orzamento de 46,76 millóns. Foron adxudicadas polo Ministerio de Fomento o 12 de agosto de 2008 a “Vías e Construcciones S.A.” por importe de 32,2 millóns.

O 22 de xullo de 2010, o entón ministro José Blanco anunciou a rescisión dos contratos de Sanmartió-A Barrela Norte e o da Ligazón.
Finalmente, no ano 2014 conseguise evitar a rescisión dos contratos e as obras retomáronse en xullo de 2015, sendo ministra Ana Pastor. 
Nos orzamentos de 2018 aínda vixentes hai unha consignación de 10,8 millóns de euros para continuar coas obras.

O 27 de setembro de 2018 –tralo cambio de Goberno pola moción de censura- o deputado Celso Delgado, nunha comisión de Fomento, preguntou ao secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio, José Javier Izquierdo  Roncero,  sobre a situación deste tramo, respondendo  que “a obra estaba parada por estar tramitándose un modificado”. Foi esa a primeira vez que os representantes populares coñecían a existencia dese modificado, que se xustificaba entre outros motivos por adaptacións á normativa vixente, cuestións relacionadas co viaduto do  Bubal e a incorporación do  semienlace da Barrela.

O 22 de outubro de 2018, os comisionados do grupo da A-56 entrevistáronse novamente en Madrid con responsables do Ministerio de Fomento (José Javier Izquierdo  Roncero, secretario xeral de Infraestruturas, e Ángel González del Río, xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia), que lles informaron que a esa data o grao de execución era do 51 %, que non se cumpriría o prazo de xuño de 2019 e que habería que pensar máis ben en finais dese ano. Recentemente -en setembro de 2019- o goberno socialista cifraba a execución das obras nun 67,71 %. 

O avance é lento, posto que se en outubro de 2018 o grao de execución era do 51 % e agora do 67,71 %, o incremento de obra cífrase en case doce meses tan só nun 16,71 %.

Ademáis, o Ministerio non fixa unha data para a posta en servizo, recorrendo ao eufemismo “continúa coas obras… de acordo ao programa de traballos vixente”. O último compromiso que contraera era que estarían as obras finalizadas a finais do presente ano, o que non sucederá.
Analizada esta situación, os candidatos denunciaron a lentitude das obras, apremiando ao Ministerio para que poña todos os medios necesarios para o seu remate.
 
ENLACE DE RIBELA 

Xa en Ribela, no Concello de Coles e ao caron da N-525, os candidatos, acompañados polo voceiro do PP neste Concello, Luis Antonio Iglesias Fernández, analizaron as obras realizadas neste punto da estrada, lembrando que a finais de novembro de 2016 remataran as obras de rehabilitación do firme, incluíndo a sinalización e balizamento, mellorando notablemente a  seguridade na N-525 ao seu paso polo municipio de Coles, cando antes era un tramo de alta concentración de accidentes. 

  
  
Malia todo, os veciños de Ribela e  Sobral consideran que a seguridade estará máis garantida cando se constrúa un paso inferior e unha ligazón en Ribela.

Os deputados populares no Congreso Ana Vázquez Blanco e Celso Delgado Arce  xa preguntaran en maio ao Goberno sobre as previsións de Fomento para ter concluída a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na intersección de Ribela, a construción dunha ligazón e a reordenación de accesos neste punto da N-525. En xullo, o Goberno respondeu que “está en fase de redacción e o seu trazado deberá someterse a Información Pública. Unha vez sometida a Información Pública e aprobado o proxecto de trazado se  iniciará a redacción do proxecto de construcción”.

Os candidatos criticaron que a data de hoxe Fomento aínda non cumprira o comprometido, e xa pasou tempo dabondo desde que en marzo de 2017 fora dada polo Ministerio a orde de estudio previa a redacción deste proxecto. Nos orzamentos 2018, elaborados polo Goberno do PP e agora prorrogados, existe unha partida de 0,500  M€ para este fin.

Consideramos que xa transcorreu tempo máis que suficiente para que o proxecto estivese redactado e por iso reclamaron  novamente ao Ministerio a súa axilización.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: