Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Precampaña Eleccións Xerais 10N: O PP estudará novas iniciativas para impulsar a rexeneración e rehabilitación dos cascos históricos no rural

Imprimir ppou - 27-Outubro-2019 - 14:17:10 


• Nunha visita a Vilanova dos Infantes, os candidatos do PP afirmaron que máis aló das medidas que inciden directamente no ámbito económico, tamén no rural compre incrementar as axudas que para a rehabilitación destes núeclos destina o Goberno central. 

27, outubro 2019.

A rexeneración e rehabilitación dos cascos históricos no rural precisa de maior apoio por parte do Goberno central, incrementando as axudas que permitan realizar este tipo de actuacións para a súa posta en valor. Así o destacaron esta mañá os candidatos do Partido Popular pola provincia de Ourense ao Congreso –Ana Vázquez, Celso Delgado e Avelino García- e ao Senado –Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández- logo da visita que realizaron á localidade de Vilanova dos Infantes, acompañados polo portavoz popular neste concello, José Luis Ferro.

  
  
Os integrantes das candidaturas foron informados dos distintos proxectos levados a cabo nesta histórica localidade celanovense, poñendo como exemplo do compromiso do PP coa súa rehablitación o máis de medio millón de euros investidos en distintas actuacións, dos que 400.000 corresponderon á cantidade destinada a Vilanova nos premios “Galicia Parabéns”, que outorga a Axencia de Turismo de Galicia.

Ademais, o portavoz popular citou o apoio da Deputación de Ourense a Vilanova dos Infantes, xa que grazas á súa contribución económica á Fundación Curros Enríquez pode seguir contando con persoal de atención ás visitas turísticas e, en particular, á Torre da Homenaxe.

Os candidatos cualificaron todas estas actuacións como unha mostra máis da decidida posta en valor do rural, perfectamente recollida no programa de Goberno do Partido Popular. Nesta liña e máis aló das medidas que inciden directamente no ámbito económico, os candidatos manifestaron que tamén no rural compre impulsar a recuperación e rexeneración urbanística, polo que se comprometeron a estudar novas iniciativas que permitan incrementar as axudas que para a rehabilitación destes núeclos destina o Goberno central.

Vilanova dos Infantes, sinalaron os candidatos, ten méritos propios para estar na axenda política, tanto pola súa orixe como burgo medieval, como pola súa historia vencellada á construción do mosteiro de San Rosendo en Celanova, mesmo por ter sido concello independente ata o 1927 e, no capítulo cultural, por acoller cada 17 de maio, no Día das Letras Galegas, unha das mellores representacións das raíces e da identidade galega: a romería etnográfica Raigame, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. 
Todo isto, engadiron os representantes populares, son razóns máis que suficientes para que esta pequeña localidade se sitúe nun lugar destacado no listado do “Pobos máis bonitos de España”.




Suscíbete:
Redes Sociales: