Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar, no mitin de precampaña celebrado en Ribadavia: “Imos demostrar unha vez máis que sempre temos un papel decisivo en cada cita coas urnas”

Imprimir ppou - 25-Outubro-2019 - 14:22:26 


• Coa presenza do presidente do PPdeG, Alberto Núñez, o presidente provincial apelou á ilusión e implicación de todos cantos integran o partido “para presentar de novo o proxecto de país do PP, que en Ourense mereceu no mes de abril a maior confianza cidadán de toda España”.

25, outubro, 2019.

O Partido Popular de Ourense sempre concorre a cada convocatoria electoral cun proxecto político e de xestión que, maioritariamente, é validado cos votos dos ourensáns, “por iso imos demostrar unha vez máis que sempre temos un papel decisivo en cada cita coas urnas”. O presidente provincial popular, Manuel Baltar, fixo esta afirmación no mitin de precampaña celebrado esta tarde en Ribadavia, onde tamén participou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e no que tamén interveu en representación dos candidatos do PP ourensán ás eleccións do 10 de novembro o número uno da lista ao Senado, Miguel Ángel Viso.

  
  
Os resultados alcanzados na provincia nas sucesivas convocatorias electorais teñen moito que ver co grao de ilusión e implicación de todos cantos integran o partido, apuntou Manuel Baltar, “de aí que fronte a unha situación política como a que levamos sufrindo falemos agora de reilusionar e rearmar, para presentar de novo o proxecto de país do PP, que en Ourense mereceu no mes de abril a maior confianza cidadán de toda España”.

Manuel Baltar pediu revalidar esa confianza, como así sucedeu nas eleccións municipais de maio, nas que o Partido Popular incrementou o apoio en case tres puntos. “Non nos presentamos para evitar que gobernen outros –dixo- que só fan política mediática, mediocre e con nula capacidade de acordo; nós facemos xestión, porque sen xestión non hai política, e cando é preciso buscamos o entendemento”.

O mellor exemplo, engadiu o presidente provincial, “é precisamente Ribadavia, onde as forzas que se chaman progresistas non foron quen de alcanzar un acordo ao primar os nomes por riba dos intereses do Concello e a súa veciñanza”. Agora, subliñou dirixíndose ao alcalde, César Férnandez, “temos a oportunidade de pechar unha etapa en branco e negro e converter a Ribadavia nunha vilas e nun dos concellos con máis futuro da provincia e de Galicia, cun alcalde que na súa toma de posesión soubo resumir a filosofía do PP facendo unha chamada ao entendemento, ao respecto institucional e á colaboración entre administracións”.
 
MIGUEL ÁNGEL VISO ADVIRTE QUE A INESTABILIDADE POLÍTICA XA ESTÁ A PASAR FACTURA AOS CONCELLOS.

O acto celebrado na Igrexa da Magdalena comezou coa intervención do número uno da lista polo Senado, Miguel Ángel Viso, que como representante da comarca do Ribeiro fixo unha chamada directa a todos os alcaldes da zona para pedirlles “ese esforzo extra do que sempre falamos, pero desta volta fundamental para rematar con dezaseis meses de inestabilidade que están a afectar á credibilidade de España, que fan dubidar aos inversores, que nos devolve a un camiño de incertidume económica e que xa está a pasar factura aos concellos”.

Miguel Ángel Viso asegurou que o seu paso polo Senado, “aínda que breve”, foi suficiente para comprobar o nulo respecto que os socialistas teñen polas institucións, “cun presidente de goberno que non acude ás sesións de control na cámara territorial”, e advertiu da preocupación que lle xera a máis absoluta falta de información sobre as negociacións da PAC, “cun ministro de Agricultura totalmente desaparecido”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: