Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar, na Xunta Directiva: Manuel Baltar: “No PP de Ourense estamos de novo preparados para gañar un futuro certo e estable”

Imprimir ppou - 24-Outubro-2019 - 17:13:24 



• O presidente provincial, acompañado polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, defendeu un PP ourensán “que ten a capacidade e a forza necesaria para gobernar, e facémolo grazas a maiorías absolutas ou á nosa vontade de pacto, porque por riba de todo sempre están os intereses de Ourense e os seus cidadáns”.

24, outono, 2019.

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, afirmou hoxe que “estamos de novo preparados para gañar e ofrecer un futuro certo e estable, como así vimos de demostrar cada vez que diriximos o Goberno central, e como ninguén pode negar co Goberno na Xunta de Galicia e na Deputación de Ourense”. Baltar lanzou esta mensaxe de confianza na reunión da xunta directiva do PP de Ourense, celebrada esta tarde, e que contou coa participación do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, ademais da presenza do secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado.

  
  
O presidente provincial puxo o énfase en recordar que, ata o momento, o Partido Popular de Ourense foi a única formación na provincia “que ten a capacidade e a forza necesaria para gobernar, e facémolo grazas a maiorías absolutas ou á nosa vontade de pacto, porque por riba de todo sempre están os intereses de Ourense e os seus cidadáns”.

Iso, engadiu, “é o que nos distingue dos outros partidos políticos, en particular do que hoxe segue a gobernar en funcións, porque só pensan en clave partidista e para acaparar o poder, cunha máis que intencionada incapacidade de chegar a acordos de goberno”.

Neste bucle electoral no que estamos instalados e fronte á desmotivación dos cidadáns, subliñou Manuel Baltar, os populares ourensáns “fomos quen de ofrecer unha mensaxe de confianza que se traduciu nun aumento do apoio electoral nas municipais de maio con respecto das xerais de abril, nas que xa conseguíramos ser a provincia española con máis apoio”.

Baltar advertiu ante os membros da xunta directiva que a situación política actual “nos obriga a non descartar ningún escenario, pero non por elo imos deixar de loitar como sempre o fixemos por maiorías que dean a estabilidade e a certeza que, hoxe máis que nunca, reclaman os cidadáns”.

O presidente provincial laiouse do que cualificou como “desvarío político” no panorama nacional, “que se contaxia aos nosos adversarios na provincia, unha situación que só o PP é quen de mudar”, para o que pediu a todos os membros da dirección popular “que nos mobilizemos como nunca e demostremos unha vez máis todo o que podemos aportar ao goberno da nación”.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: