Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Precampaña Eleccións Xerais 10N: Os candidatos do PP comprometen á Federación ourensá a defensa da “caza responsable”

Imprimir ppou - 23-Outubro-2019 - 20:40:55 


• Os populares, nunha xuntanza cos representantes cazadores ourensáns, subliñaron a importancia desta actividade polo seu alto valor medioambiental e económico e que só na provincia practican máis de 8.000 persoas.

• A axenda do día ncluíu un encontro centrado no ámbito educativo, no que o candidato ao Congreso, Avelino García, defendeu “a política de feitos” do PP nesta materia, poñendo como exemplo o Centro galego de Innovación da FP que terá a súa sede en Ourense.

23, outubro, 2019.

  
  
Os candidatos do Partido Popular ao Congreso –Ana Vázquez e Celso Delgado- e ao Senado –Miguel Ángel Viso e Francisco Fernández- comprometéronse hoxe a defender nas Cortes Xerais unha “caza responsable”, como actividade que posúe un alto valor medioambiental e económico e que só na provincia practican máis de 8.000 persoas. Así o manifestaron aos representantes da Federación Ourensá de Caza, cos que se reuniron hoxe na sede provincial popular para coñecer en detalle as necesidades e demandas deste sector.

Na xuntanza, os candidatos trasladaron aos representantes dos cazadores que, ao contrario do que queren facer outros partidos, “o PP oporase á prohibición da caza”, destacando que no programa electoral figura un apartado específico “que inclúe o impulso a plans de apoio da actividade cinexética, ampliando ademais as licenzas de caza”.
Se en Ourense son máis de 8.000 os cazadores rexistrados e preto de 40.000 en Galicia, cun gasto medio por temporada en cacerías de 2.350 euros, en toda España a importancia deste sector queda reflectida por dúas cifras: máis de 170.000 empregos e un movemento económico que se calcula en torno aos 6.000 millóns de euros. Datos máis que suficientes, destacaron os candidatos, “para comprender o valor desta actividade, cunha máis que clara repercusión no rural”. 

EN EDUCACIÓN O PP FALA CON FEITOS, COMO O CENTRO DE INNOVACIÓN DE FORMACIÓN PROFESIONAL.

  
  
Tamén os candidatos do PP participaron esta tarde nun acto sectorial de Educación, celebrado no centro cultural Marcos Valcárcel, e que contou coa presenza da titular desta materia no Goberno galego, Carmen Pomar.

En representación de todos os candidatos populares e pola súa vinculación ao mundo académico, o número tres da lista ao Congreso, Avelino García, fixo un repaso ás propostas que o PP ven de facer no seu programa de intencións para o ámbito educativo. Destacando como punto de partida o máximo respecto ás competencias delegadas nesta materia nas autonomías, García citou outras cuestións como a  liberdade de elección de centro, unha proba nacional de avaliación de coñecementos en primaria e secundaria e maila ABAU, materias troncais comúns en toda España, unha inspección educativa con capacidade sancionadora, o bilingüismo en inglés ou a escolarización gratuíta de 0 a 3 anos.

Non obstante, Avelino García puxo o énfase na posta en marcha da FP dual, “unha aposta de futuro para adecuar os coñecementos dos alumnos ás necesidades reais das empresas e que terá o máximo expoñente en Ourense”. Referiuse así o candidato popular ao Centro Galego de Innovación da Formación Profesional, unha iniciativa impulsada polo presidente da Deputación e presidente provincial do PP, Manuel Baltar, “o que demostra que o noso partido fala con feitos, cando buscamos novas oportunidades formativas e laborais para os nosos mozos”.
 
REUNIÓN EN CELANOVA DE AGRUPACIÓNS LOCAIS DO PP.
  
  
A dirección do Partido Popular de Ourense concluíu hoxe en Celanova a súa rolda de reunións coas todas as agrupacións locais da provincia, desta volta convocando aos concellos do Partido Xudicial de Celanova que tamén forman parte da Xunta Electoral de Zona de Ourense.

Acompañado polo secretario de organización do PP, Pablo Pérez, e a candidata ao Senado pola comarca, Carmen Leyte, o secretario xeral do PP. Rosendo Fernández, asegurou ter constatado que todos os membros do partido “son coñecedores do que nos estamos a xogar coa repetición das eleccións xerais, xa que os concellos tamén están a ser prexudicados pola inestabilidade política na que os socialistas nos teñen instalado, por iso, máis que nunca, todos imos a facer un gran esforzó na próxima e singular campaña electoral”.


Suscíbete:
Redes Sociales: