Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Precampaña Eleccións Xerais 10N: O Partido Popular seguirá demandando nas Cortes Xerais iniciativas do Goberno central para o desenvolvemento de Valdeorras

Imprimir ppou - 22-Outubro-2019 - 18:33:10 


• Os candidatos do PP ás eleccións xerais visitaron hoxe a zona oriental da provincia,  incluíndo encontros cos representantes de sectores produtivos de relevancia como  o sector vitivinícola e da lousa, ademais de interesarse por aspectos relativos ás infraestruturas.

22, outubro, 2019.

Os candidatos do Partido Popular de Ourense ás eleccións xerais do 10 de novembro visitaron hoxe a comarca de Valdeorras, nunha axenda de traballo que incluíu diversos encontros cos representantes de sectores produtivos de relevancia nesta zona de provincia, en particular o sector vitivinícola e da lousa, ademais de interesarse por aspectos relativos ás infraestruturas terrestres e ferroviarias.

Os membros das candidaturas populares ao Congreso –Celso Delgado e Avelino García- e ao Senado –Miguel Ángel Viso e Carmen Leyte, acompañados por representantes municipiais da Rúa, O Barco, Carballeda de Valdeorras e Vilamartín, fixeron ao finalizar a xornada a seguintes valoracións sobre as cuestión abordadas.

Sector vitivinícola

  
  
• Os candidatos populares inciaron a xornada visitando á Cooperativa Virxe das Viñas, na Rúa, poñendo en valor un sector de gran importancia na comarca como o vitivinícola, un ámbito no que o Partido Popular de Ourense está totalmente comprometido polo que supón como xerador de riqueza no rural”, destacando iniciativas como o enoturismo e a Ruta do Viño de Valdeorras, que hoxe mesmo recibiu o un novo apoio por pate do presidente da Deputación, Manuel Baltar. 

Na cooperativa, os representantes populares foron informados das estratexias que se están a seguir para potenciar unha produción de calidade, falando mesmo do “Brexit” debido ás consecuencias que podería ter na exportación do viño, tendo en conta que se trata dun ámbito no que a a venda en mercados exteriores é clave para manter a competitvidade e o posicionamento do produto.

Os candidatos aseguraron que seguirán a vixiar de preto todos aqueles aspectos que lles afectan, con especial atención ás negociacións do Goberno central coa Unión Europea sobre a PAC.

Lousa

• Na sede do Clúster da lousa e cos empresarios, os candidatos constataron a enorme importancia deste sector, que segundo un estudo publicado en xaneiro de 2019 polo Instituto  Galego de Estatística (IGE), a minaría ten presenza en practicamente todas as comarcas galegas, pero destaca Valdeorras ao xerar o 38,6 % do Valor Engadido Bruto (VEB) do sector mineiro.

Nesta comarca xeránse 9 de cada 10 euros procedentes do sector na provincia ourensá, mentres que 26 % do PIB de Valdeorras provén do sector da minaría.
  
  
Alí comprobaron a aposta pola innovación e a internacionalización que está a facer a lousa galega por todo o mundo, onde o 95 % da produción está destinada á exportación en tres mercados principais: Francia, Reino Unido e Alemaña, aínda que o sector estase a expandir por outros mercados como os países nórdicos, Estados Unidos, Australia ou Rusia.

Os candidatos recibiron información por parte dos representantes do sector sobre os problemas ambientais, laborais, urbanísticos e de fiscalidade que lles afectan, comprometéndose a buscar solucións no ámbito da Cortes Xerais.


Estradas

• A-76 (Ponferrada-Ourense)
Os candidatos lembraron todas as xestións realizadas na pasada lexilatura para reivindicar a licitación das obras, criticando que aínda estea sen licitar o tramo A Veiga de Cascallá-O Barco.

O  Ministerio de Fomento –nuha resposta aos deputados do PP- aseguraba en xullo de 2019 que "tiña previsto someter á maior brevidade ao preceptivo trámite de información oficial e pública o enlace de acceso a Biobra, incluído no  proxecto do tramo da autovía A-76". A día de hoxe, este trámite está sen cumprir. 

Tamén criticaron a demora na licitación das obras do tramo Villamartín de la Abadía-Requejo. Fomento, -tamén nuha resposta aos deputados populares- aseguraba en xullo de 2019 que estaba priorizando os traballos deste tramo, para o que era preciso “completar e aprobar o proxecto de construción correspondente que se atopa en fase de redacción". Con data 13 de febreiro de 2019 fora aprobado o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado.

• Estrada Valdeorras-Viana-A Gudiña (OU-533)
Os representantes populares reivindicaron de novo a importancia de mellorar o trazado e as prestacións da estrada OU-533, de modo que conte coas características axeitadas para comunicar a futura autovía A-76 desde Valdeorras coa autovía A-52 e coa nova estación de AVE na Gudiña.

Neste sentido lembraron que a Xunta de Galicia realizou nos últimos anos actuacións de reforzo do firme por importe de máis de 1,3 millóns de euros, que tamén levaron aparelladas a actualización da sinalización vertical e horizontal á normativa vixente, o que implicou maior lonxitude da liña continua coa conseguinte limitación de adiantamentos e xiros.

Ferrocarril

• Na estación da Rúa, os candidatos amosaron a súa preocupación polas probas que está realizando Renfe na liña Galicia-Barcelona, co obxectivo de substituír tanto as locomotoras como os vagóns do tren-hotel por modelos máis vellos, máis lentos e de inferior calidade que xa sufriron avarías, cos consecuentes retrasos para os usuarios.

Por ese motivo xa foron presentadas iniciativas no Parlamento galego. “Non se pode permitir que as liñas que pasan por Valdeorras sexan o desguace de Renfe, onde se reutilizan as máquinas e vagóns que non queren noutras partes de España”, denunciamos os populares.

• Os cambios que agora se están a probar suporían que o tren-hotel nocturno que une Lugo e Monforte, por Valdeorras, con Barcelona pasase a circular con locomotoras de mercadorías. Unha modificación que, segundo afirmaron os populares, elevaría o tempo de viaxe nunhas dúas horas adicionais, poñendo en risco o funcionamento de certos servizos ao tratarse de cabeceiras non comerciais, sen capacidade para xerar electricidade e abastecer aos vagóns de climatización e luz. Tamén se substituirían os actuais vagóns por outros dun modelo Talgo máis antigo e menos confortables para o viaxeiro.


CONVOCATORIA DAS AGRUPACIÓNS LOCAIS DA XUNTA ELECTORAL DE ZONA DO CARBALLIÑO.

  
  
A dirección do Partido Popular de Ourense trasladouse hoxe ata O Carballiño, onde se celebrou unha nova reunión de agrupacións locais pertencentes a esta xunta electoral de zona: Beariz, Boborás, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea e o propio O Carballiño.

A reunión estivo presidida polo secretario xeral, Rosendo Fernández, para quen “os ourensáns temos a oportunidade de contribuír a poñer fin a desazaseis meses dun escenario político inédito, cun Goberno carente de solucións e cunha especial capacidade para xerar impactos negativos na nosa sociedade”.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: