Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Precampaña Eleccións Xerais 10N: O PP pedirá máis fondos á Unión Europea e ao Goberno central para incluír a mellora das comunicacións entre a Baixa Limia e Portugal

Imprimir ppou - 21-Outubro-2019 - 18:00:48 


• Nunha visita a Lobios, os candidatos populares recordaron a especial sensibilidade que o PP tivo sempre co desenvolvemento das rexións transfronteirizas, engandido que “non podemos seguir dando as costas ao potencial que supón no ámbito económico e turístico unha poboación dun millón de persoas, como a que habita no norte do país veciño”. 

21, outubro, 2019.

O Partido Popular loitará por conseguir os fondos europeos e da administración central necesarios para a mellora das comunicacións entre a comarca da Baixa Limia e o norte de Portugal, facilitando así o desenvolvemento dunha rexión transfronteiriza cun enorme potencial. Así o destacaron os candidatos do PP pola provincia de Ourense ao Congreso, Ana Vázquez e Celso Delgado- e ao Senado –Miguel Ángel Viso e Carmen Leyte, durante a visita que hoxe realizaron a Lobios e na que estiveron acompañados polos representantes populares municipais deste concello, ademais de Bande, Muíños e Lobeira.

  
  
Os candidatos foron informados en detalle sobre as actuacións realizadas e previstas no marco do programa Raia Termal, que botou a andar en xuño de 2017 e cuxo ámbito de actuación abrangue as zonas transfronteirizas do río Miño (Cortegada e Melgaço) e do río Limia (Lobios, Bande, Muíños e Terras do Bouro), ademais da participación da Deputación de Ourense e a Confederación Hidrogáfica do Miño-Sil. Unha iniciativa que conta cun orzamento de máis de 2,6 millóns de euros, financiados ao 75 % polo fondos Feder e que ten como obxectivo valorizar e potenciar os recursos termais deste espazo.

Para os representantes populares, aínda que compre destacar o importante adianto nas accións previstas para a primeira fase deste proxecto, é imprescindible seguir loitando pola consecución de máis fondos europeos, nun momento que ademais é fundamental logo da incorporación a estas axudas da perspectiva demográfica.
Neste contexto, e logo de subliñar o seguemento que os deputados e senadores estiveron a realizar na pasada lexislatura sobre o programa Raia Termal a través da presentación de distintas iniciativas, os candidatos expresaron a necesidade de mellorar as comunicacións con Portugal –aspecto no que inclúen ao Concello de Lobeira- “porque non podemos seguir dando as costas ao potencial que supón no ámbito económico e turístico unha poboación dun millón de persoas, como a que habita no norte do país veciño”. Unha demanda na que, afirmaron, contan co total apoio dos presidentes das cámaras municipais lusas implicadas.

O Partido Popular, engadiron, ven de demostrar de lonxe a súa especial sensibilidade co desenvolvemento das rexións transfronteirizas, como impulsora de proxectos como o da Raia Termal, polo que os candidatos anunciaron que seguirán a apoiar novas solicitudes de proxectos e a máxima implicación das administración, cunha mención especial á necesaria colaboración da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
 
REUNIÓN DAS AGRUPACIÓNS LOCAIS DA XUNTA ELECTORAL DE ZONA DE RIBADAVIA.

  
  
A actividade do Partido Popular de Ourense tamén tivo hoxe como escenario a vila de Ribadavia, onde se deron cita os representantes das agrupacións locais dos concellos de Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Leiro, Melón e a propia Ribadavia.

Unha xuntanza que serviu para perfilar a axenda de traballo da formación popular de cara ás eleccións xerais do 10 de novembro e na que o secretario xeral do PP ourensán, Rosendo Fernández, recordou que o PP sempre foi a forza con maior apoio electoral na provincia, “e esta nova cita coas urnas ten que servir para demostrar que aínda temos percorrido para seguir crecendo, animando aos cidadáns  a que convirtan contribúan a crear o escenario propicio para conseguir unha etapa de normalidade e estabilidade política”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: