Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Precampaña Eleccións Xerais 10N: O PP de Ourense esixirá ao Goberno central o decidido apoio e defensa da candidatura da Ribeira Sacra como patrimonio da Unesco

Imprimir ppou - 20-Outubro-2019 - 15:10:13 


• Os candidatos populares ao Congreso e ao Senado pola provincia de Ourense visitaron hoxe este territorio, onde destacaron os importantísimos beneficios que conlevaría unha distinción destas características, non só na conservación dos seus valores xeográficos, naturais, históricos e culturais, senón tamén polo que supón de dinamización e respaldo socioeconómico para o rural.

20, outubro, 2019.

A reactivación en 2013 da candidatura da Ribeira Sacra como patrimonio mundial da UNESCO, así como o apoio unánime da comisión de Cultura do Congreso dos Deputados en 2016, constitúen dous claros exemplos das iniciativas coas que o PP demostra o seu firme compromiso co rural.  Así o destacaron os candidatos populares ao Congreso e ao Senado pola provincia de Ourense –Ana Vázquez, Avelino García, Carmen Leyte e Francisco Fernández-, durante esta visita que esta mañá realizaron á Ribeira Sacra, partindo da localidade de Castro Caldelas e acompañados polo portavoz do PP neste concello, César Énríquez. Unha visita na que anunciaron que esixirán ao Goberno central o decidido apoio e defensa da candidatura da Ribeira Sacra, chegado o momento da decisión final.

  
  
O recoñecemento e protección deste territorio, primeiro coa súa candidatura e como todos desexan coa posterior declaración, apuntaron os candidatos do PP, conlevaría importantísimos beneficios non só na conservación dos seus valores xeográficos, naturais, históricos e culturais, senón tamén para aumentar a calidade de vida dos habitantes desta zona, polo que supón de dinamización e respaldo socioeconómico que xera esta distinción nun ámbito rural.

Os representantes populares  defenderon o labor que o PP está a realizar para protexer e ofrecer un futuro ás zonas rurais e á súa veciñanza, marcándose retos desde un goberno provincial ou desde as Cortes Xerais para conseguir unha distinción mundial ou, como se anunciou estes días, incluíndo importantes rebaixas fiscais nos orzamentos da Xunta para 2020 que converterán aos galegos que vivan nas áreas rurais nos cidadáns que teñan a menor tributación de toda España.

A candidatura da Ribeira Sacra, engadiron, xa é todo un éxito e un recoñecemento cuxos efectos se están a observar no aumento do número de visitantes, un impulso económico para os 22 concellos das provincias de Ourense e Lugo que integran este territorio e que se vería reforzado coa ansiada declaración.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: