Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar, na XXV Intermunicipal do Partido Popular en Valladolid: “O rural é un patrimonio que debemos preservar e potenciar, ademais de imprescindible para o futuro das cidades”

Imprimir ppou - 19-Outubro-2019 - 19:10:25 


• As provincias non son meras circunscricións electorais, “senón que están recoñecidas pola Constitución, no seu artigo 141.2, como gobernos provinciais”, subliñou o presidente do PP e da Deputación ourensá, Manuel Baltar, que nunha mesa debate sobre as institucións provinciais puxo como exemplo o traballo que está a desenvolver en Ourense para defender o rural.

19, outubro, 2019.
  
  
O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, sostén que “o rural, co seu valor económico, cultural, social e medioambiental, é o patrimonio máis importante que debemos protexer, preservar e potenciar, sen perder de vista ademais que falamos dun medio imprescindible para o futuro das cidades”. Baltar realizou esta afirmación no decurso da súa intervención na XXV Intermunicipal do Partido Popular, celebrada hoxe en Valladolid, onde participou nunha mesa de debate que xitou en torno ás deputacións como elemento vertebrador da España rural, na que interviron os presidentes das deputacións de Alicante, Almería, Palencia e Valladolid, moderados pola vicesecretaria xeral de Política Social do PP, Cuca Gamarra.

No debate, os relatores coincidiron en destacar que as provincias non son meras circunscricións electorais, “senón que están recoñecidas pola Constitución, no seu artigo 141.2, como gobernos provinciais”, puntualizou o tamén presidente da Deputación ourensá, Manuel Baltar.

Nesta liña, subliñou, “o PP demostra día a día que cre nas provincias e nas deputacións”, poñendo como exemplo o traballo que se está a desenvolver na institución provincial de Ourense, “que sobre a base dunha débeda cero, a certeza e estabilidade que aportan uns orzamentos aprobados en setembro ou o liderado en transparencia, aposta por sectores estratéxicos para o seu territorio como o agroalimentario, o termal, o tecnolóxico ou o turismo cultural, impulsando proxectos de apopio ao emprendedor e un ecosistema de innovación co Observatorio Internacional do Medio Rural”.

Manuel Baltar defendeu un Partido Popular de oportunidades e políticas que, deixou en herdanza os orzamentos de Rajoy, que aínda hoxe se están a aplicar, e as súas medidas para afrontar o reto demográfico, como as pensións, vivenda, emprego ou banda larga no rural”. Todo o contrario dun PSOE de oportunismos e promesas, engadiu, “que leva 209 días, sete meses, sen nomear a unha comisionada para o reto demográfico, unha estrutura tamén creada por Rajoy, demostrando así o que lle importa o medio rural e o seu despoboamento”.

  
  
Manuel Baltar e os relatores que lle acompañaron tamén falaron do fenómeno coñecido como a “España vacía de estrés”, en referencia ao crecente problema demográfico que supón o abandono do rural e a concentración da poboación nas cidades, en especial nas máis grandes onde o nivel de calidade de vida é moi baixo (presos elevados, vivenda pouco asequible, contaminación acústica, polución…)

A edición número vinte e cinco da Intermunicipal do PP foi clausurada polo presidente nacional do PP, Pablo Casado, a quen Baltar cualificou como “o presidente do medio rural e das deputacións”.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: