Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Orzamentos 2020: Infraestruturas, educación e política social marcan o eixo dos investimentos da Xunta de Galicia en Ourense

Imprimir ppou - 19-Outubro-2019 - 15:16:40 


• A provincia ten consignados 1.261 millóns de euros para o próximo exercicio, o que supón 4.096 euros por habitante e un incremento do gasto per cápita do 4,3 %.

• O secretario xeral do PP ourensán, Rosendo Fernández, afirmou que o documento económico “pon en valor a firme resposta e compromiso da Xunta coas necesidades e demandas da provincia”, facendo especial mención a proxectos como a conexión da autovía A-52 co polígono de San Cibrao, a estación intermodal, o futuro Centro de Atención a Adultos con Discapacidade ou o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional.

• A parlamentaria popular Cristina Romero, defendeu uns orzamentos, “os últimos dunha lexislatura natural de catro anos, que aportan estabilidade e certeza, en contraposición ao que estamos a sufrir co Goberno central, apostando sempre polas rebaixas fiscais, sen perder en ningún momento o control das contas públicas e a mellora dos servizos sociais”.

19, outono, 2019.

A Xunta de Galicia destinará 1.261 millóns de euros á provincia de Ourense no próximo exercicio, segundo recollen os orzamentos do goberno galego para 2020, o que supón 4.096 euros por habitante e un incremento do gasto per cápita do 4,3 %. Un documento económico “no que teñen especial relevancia as actuacións previstas nos ámbitos das infraestruturas, a educación e política social, poñendo en valor a firme resposta e compromiso da Xunta coas necesidades e demandas da provincia”. 

Así valorou este mediodía o secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, o documento económico que hoxe foi entregado no Parlamento de Galicia, análise que realizou na sede provincial do PP na compaña dos deputados autonómicos Cristina Romero, Marta novoa, Moisés Blanco, Carlos Gómez, Jackeline Fernández  e Antonio Mouriño.

  
  
O secretario xeral fixo especial mención a proxectos como a conexión da autovía A-52 co polígono de San Cibrao, a estación intermodal, o futuro Centro de Atención a Adultos con Discapacidade ou o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional.

Todo elo, engadiu, nuns orzamentos que, con carácter xeral, “veñen marcados por unha importante rebaixa de impostos que terá unha particular incidencia no ámbito rural e, polo tanto, nunha provincia como a nosa onde máis do 80 % do territorio é rural”.

A portavoz do grupo popular no Parlamento galego, Cristina Romero, repasou as principais cifras dos investimentos destinados a Ourense, comezando polas infraestruturas, onde destacan os 7,4 millóns de euros para a conexión do polígono industrial de San Cibrao coa autovía A-52, “cun avanzado estado de execución que permite estimar o seu remate no próximo ano”.

Tamén apuntou a integración da terminal de autobuses de Ourense na estación intermodal e a construcción do aparcadoiro soterrado que completará os servizos neste punto, cunha partida de 3,7 millóns de euros.

A parlamentaria popular tamén se referiu ás obras da segunda fase de recuperación da contorna da Ponte Vella, que terá unha dotación de 650.000 euros, así como á continuación da reforma da travesía de Seixalbo, á que se destinan 600.000 euros.

Ademais, tamén compre apuntar 1,32 millóns para sendas peonís e ciclistas; un convenio co concello, por valor de 150.000, para a variante da Peroxa; preto de 126.000 euros para obras de abastecemento e saneamento en Baños de Molgas; ou os 250.000 euros para o acondicionamento das captacións e mellora do abastecemento no parque empresarial de Vilamarín.

No ámbito educativo, Cristina Romero salientou o inicio das obras de construcción do Centro Galego de Innovación da Formación Profesional, na antiga escola fogar de Mariñamansa, que contará cunha partida inicial de 400.000 euros, dun total de 3,5 millóns que aportará a Consellería de Educación. Un proxecto, recordou Romero, ao que a Deputación de Ourense aportará 5 millóns de euros, “grazas á decidida aposta do seu presidente, Manuel Baltar, por situar a Ourense á vangarda da Formación Profesional”.

Neste capítulo destacou ademais os 828.508 euros que se investirán na ampliación do Centro Integrado de FP da Carballeira, ademais das obras de mellora enerxética que se levarán a cabo nos centros Padre Feijóo de Allariz e Curros Enríquez de Celanova, cono medio millón de euros para cada colexio.

O terceiro eixo dos orzamentos da Xunta para Ourense sitúase no apartado de Política Social, onde a parlamentaria popular subliñou o cumprimento do acordo alcanzado para a construción dun centro de atención para adultos discapacitados, cunha dotación de 3,5 millóns de euros, cuxas obras está previsto que comezen no primeiro semestre de 2020.

A reforma integral da residencia de maiores de Barbadás, por valor de 1,3 millóns, ou o novo centro público de atención integral ás persoas maiores que se construirá no barrio ourensán do Vinteún, coa achega de 12 millóns por parte da Fundación Amancio Ortega, tamén foron citados neste capítulo.

Polo que se refire a outras actuacións previstas nos orzamentos da Xunta, Cristina Romero completou o repaso aos investimentos máis sinalados, citando entre eles os seguintes:

Medio Ambiente
• Convenio de colaboración co Concello de Ourense para a redacción do PXOM (130.000 euros) 
• Programa Rexurbe, para a rehabilitación de edificios no casco vello de Ourense (425.000 euros) e apoio á recuperación de inmobles nas Áreas de Rehabilitación Integral da cidade (1,69 millóns).

Sanidade
• Proxecto do novo edificio de hospitalización do CHUO (1,2 millóns).
• Reforma e ampliación do hospital comarcal de Valdeorras (1,5 millóns).
• Reforma e ampliación do hospital comarcal de Verín (500.000 €).
• Novo centro de saúde de Pereiro de Aguiar (525.366 €).
• Novo centro de saúde de Paderne de Allariz (155.731 €)
• Mellora do firme e accesibilidade ao CHUO, hospital de Piñor e Verín (650.000 euros).

Medio Rural 
• Proxectos de dinamización ao abeiro da iniciativa Leader do Plan de Desenvolvemento Rural, por valor de 388.000 euros para mellora da contorna rural, recuperación e rehabilitación do patrimonio histórico, posta en marcha de novos recursos turísticos, creación ou mellora de áreas recreativas, praias fluviais e sendeiros.
• Arranxo de camiños (317.000 €). 
• Accións silvícolas e fomento da plantación de coníferas e frondosas, da man dos titulares de terreos forestais e comunidades de montes veciñais (68.000 €).

Economía 
• Ampliación de Expourense (385.000 €)
• Ecobarrio da Ponte (741.000 €)

Cristina Romero concluíu a súa intervención recordando que este é o último orzamento da presente lexislatura, “aportando estabilidade e certeza en contraposición ao que estamos a sufrir co Goberno central e, sobre todo, amosan que o PP cumpre así cunha lexislatura natural de catro anos, o que non se pode dicir do partido socialista nin do goberno de Sánchez”.

O presidente da Xunta, dixo, “sempre apostou polas rebaixas fiscais, sen perder en ningún momento o control das contas públicas e a mellora dos servizos sociais. 
 
REBAIXA DE IMPOSTOS, MÁIS GASTO SOCIAL E APOSTA POLO XACOBEO.

A Xunta de Galicia vén de aprobar uns orzamentos para 2020 que ascenden a 10.149 millóns de euros, onde as novas rebaixas de impostos, o maior investimento e o maior gasto social da historia constitúen as principais claves. 

O proxecto económico para o próximo exercicio supera por primeira vez en dez anos os 10.000 millóns de euros, medrando un 3 % o que permitirá iniciar novos proxectos e rematar os que xa están en marcha. En total, a Xunta disporá de 300 millóns máis que no presente ano e 1.400 máis que en 2016.

Así, estes orzamentos facilitarán:

Unha nova rebaixa de impostos:
• Rebáixase o Imposto de Transmisións Patrimoniais para a compra de vivenda no rural, para que os galegos que vivan nestas zonas teñan a menor tributación de toda España, pasando do 7 % ao 5 % para a vivenda habitual, e do 10 % ao 6 % no resto de compras de vivenda.
• Quedan exentas de tributación todas as herdanzas de ata 1 millón de euros por herdeiro. O 99,9 % dos galegos non pagarán o Imposto sobre Sucesións cando reciban unha herdanza dun familiar directo.
• Facilitarase a sucesión das empresas familiares, de tal xeito que desde xaneiro de 2020 os fillos e netos de empresarios non pagarán impostos por facerse co control acccionaral dunha sociedade ou recibila en herdanza.
• Porase en marcha unha novidosa ‘dedución verde’ no IRPF, que bonificará ata o 15 % das actuacións en vivendas para mellorar a eficiencia enerxética.

Máis gasto social
• Refórzase o gasto social , ata alcanzar os 7.400 millóns, 275 millóns máis que este ano, o que supón o maior gasto social da historia de Galicia. Este capítulo acapara o 80 % do incremento dos orzamentos.
• Poranse en marcha medidas pioneiras como a gratuidade das escolas infantís a partir do segundo fillo e a ampliación da Tarxeta Benvida

Máis investimentos
• Auméntanse os investimentos ata os 1.691 millóns de euros, cun crecemento superior ao 4 %.
• En 2020, Galicia seguirá sendo a comunidade líder en investimento per cápita.

Melloras para empregados públicos
• Nos orzamentos resérvanse recursos para aplicar unha suba salarial de ata un 2,2 % para todos os empregados públicos. Esta medida beneficiará a uns 100.000 empregados que dependen da Administración autonómica.

Menos débeda
• Afórranse 200 millóns de euros en xuros da débeda en comparación co ano 2014.
• Galicia é a comunidade que menos aumentou a súa débeda nos últimos dez anos e consolídase como a comunidade de referencia no control do endebedamento.

Aposta polo Xacobeo
• Destínanse 82 millóns de euros para a preparación do Ano Santo, garantindo a preparación con éxito dunha cita clave para Galicia.


Suscíbete:
Redes Sociales: