Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Precampaña Eleccións 10N: Os candidatos do PP poñen en valor a produción de aceituna e aceite como exemplo de dinamización do rural

Imprimir ppou - 18-Outubro-2019 - 19:39:52 


• Nun encontro coa asociación galega do sector amosaron a seu apoio aos produtores para dar un novo pulo á tradición oliveira que xa existía en Galicia e consolidar unha produción, de características únicas grazas ás variedades autóctonas, que aspira a conseguir o selo de Indicación Xeográfica Protexida

18, outubro, 2019.

Os candidatos ourensáns do Partido Popular ao Congreso e ao Senado mantiveron esta tarde un encontro coa directiva da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, presidida por José Antonio García, para coñecer polo miúdo un sector de crecente auxe no territorio galego e, nomeadamente, na provincia de Ourense.
  
  
Os representantes populares -Celso Delgado polo Congreso e Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández polo Senado- coincidiron en poñer en valor a este sector “como exemplo de dinamización do rural”. Unha afirmación avalada polo desenvolvemento dunha actividade que nos últimos cinco anos non deixoude medrar ata alcanzar as 145 hectáreas plantadas, 150.000 oliveiras e 150 asociados, dos que a metade corresponden á provincia de Ourense.

Os candidatos amosaron a seu apoio aos produtores para dar un novo pulo á tradición oliveira que xa existía en Galicia e consolidar unha produción, de características únicas grazas ás variedades autóctonas, que aspira a conseguir o selo de Indicación Xeográfica Protexida.

Un sector, lembraron os candidatos, que tamén pode beneficiarse das iniciativas desenvolvidas polo Goberno galego no ámbito agrario, como o mantemento dos fondos europeos na PAC que permitirá poñer no rural de Galicia axudas por un importe anual de 340 millóns de euros (2.380 millóns nos próximos sete anos); as novas leis para mellorar as potencialidades do agro (mellora da estrutura agraria, montes e mobilidade de terras); a redución de impostos (“cero” euros pola transmisión de fincas ou a adquisición dunha vivenda no rural); as axudas para a incorporación dos mozos á actividade agraria (3.500 mozos nos últimos dez anos cun total de 94 millóns de euros en axudas); ou o apoio á tranformación e comercialización de produtos agrarios, a aposta pola reestruturación parcelaria e maila mellora da calidade de vida no rural.
 
REUNIÓN DE AGRUPACIÓNS LOCAIS DO PP NA LIMIA.
  
  
A axenda de traballo dos populares ourensáns tamén tiña esta tarde outra cita, nesta ocasión na Limia, para continuar coa organización do novo proceso electoral do 10 de novembro.

Na sede do PP en Xinzo, a dirección provincial, representada polo secretario xeral, Rosendo Fernández, reuniuse cos representantes das nove agrupacións locais desta comarca que pertencen ao partido xudicial de Xinzo: Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e o propio Xinzo.

A todos eles Rosendo Fernández transmitiulles a necesidade de facer “un novo esforzo para conseguir o maior apoio electoral, porque tamén a situación política é inédita e temos que demostrar que somos e temos forza de goberno, defendendo a Ourense por riba de todo con independencia de quen goberne, como facemos na Xunta, como fixemos na etapa de Mariano Rajoy ou agora con Sánchez”.



Suscíbete:
Redes Sociales: