Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Precampaña Eleccións Xerais 10N: Os candidatos do PP lembran a necesidade de revisar o sistema de financiamento local para dotar de máis recursos aos concellos

Imprimir ppou - 17-Outubro-2019 - 16:36:06 


• Nunha visita a Ribadavia comprometéronse a apoiar á vila nos proxectos que opten ao “1,5 % cultural”, así como a procurar o apoio do Goberno central a través dos plans de promoción nacional e internacional, subliñando o impulso que suporía para o principal sector da comarca, o viño, e o enoturismo.

17, outubro, 2019.

Os actuáis sistemas de financiamento autonómico e local precisan dunha revisión para adaptalos ás novas realidades, tendo como obxectivo principal conseguir unha maior eficacia na prestación dos servizos. Así figura no programa de goberno do Partido Popular, tal e como recordaron os candidatos populares ao Congreso e ao Senado pola provincia de Ourense, durante a visita que esta mañá realizaron a Ribadavia, xornada na que tamén coñeceron as instalacións do Museo do Viño de Galicia, ubicadas no corazón da comarca vitivinícola do Ribeiro.

  
  
Acompañados polo alcalde popular de Ribadavia, César Fernández, os candidatos ao Congreso –Ana Vázquez e Celso Delgado- e ao Senado –Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández- destacaron que a adaptación do sistema de financiamento local á realidade actual levará aparellada unha mellora da capacidade de financiación dos concellos e dos servizos que prestan e, polo tanto, na calidade de vida dos cidadáns.

Durante a súa visita á capital do Ribeiro, os representantes populares tamén tomaron nota da petición do alcalde para que as vilas históricas e monumentais como Ribadavia, con numerosos bens protexidos, sexan apoiadas en futuras convocatorias do denominado “1,5 % cultural”, que periódicamente saca o Goberno central.

Os candidatos comprometéronse, ademais,  a procurar que vilas da categoría de Ribadavia, cun enorme potencial histórico, cultural, termal e turístico, teñan o apoio do Goberno central nos seus plans de promoción nacional e internacional, como complemento do traballo que neste ámbito está a realizar a Xunta de Galicia e dos proxectos que desenvolva o propio concello.

Precisamente o ámbito turístico estivo tamén presente na visita dos candidatos do PP, que tiveron ocasión de coñecer o Museo do Viño de Galicia, que non dubidaron en cualificar como unha excelente oportunidade para atraer máis visitantes á zona darlle pulo ao sector económico máis importante da comarca, no que tamén destaca outra área de especial significado pola singularidade como o termalismo.


Suscíbete:
Redes Sociales: