Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  Manuel Baltar presentará na intermunicipal do PP o exemplo da Deputación de Ourense como impulsora dun rural sostible e dinámico

Imprimir ppou - 16-Outubro-2019 - 15:41:28 


• Este sábado en Valladolid, diante de representantes populares das administracións locais e provincias chegados de toda España, o presidente dos populares ourensáns defenderá “un novo modelo de administración provincial, onde ás deputacións impriman unha vertente innovadora, tecnolóxica e de apertura aos ámbitos nacional e europeo para facer fronte aos retos de futuro, en particular ao demográfico”

16, outubro, 2019.

“As deputacións como elemento vertebrador da España rural” é o título da mesa redonda na que participará o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, no marco da vixésimo quinta Unión Intermunicipal Popular que se celebrará este sábado en Valladolid, e na que se darán cita representantes do partido en todo o territorio nacional nas administracións locais e provinciais. 

  
  
Manuel Baltar agradeceu á organización da intermunicipal a oportunidade que lle brinda este foro “para explicar a estratexia e maila planificación que está a desenvolver a Deputación de Ourense, como impulsora dun rural de futuro, de igualdade, sostible e dinámico”.

O presidente dos populares ourensáns engadiu que neste encontro, “que con vinte e cinco edicións xa fala da súa importancia, vou defender un novo modelo de administración provincial, onde ás deputacións deben imprimir unha vertente innovadora, tecnolóxica e de apertura aos ámbitos nacional e europeo para facer fronte aos retos de futuro, en particular ao reto demográfico”. Neste sentido, exporá a estratexia que está a desenvolver a Deputación de Ourense, coa creación unha área para o Reto Demográfico, un Observatorio do Rural, o impulso ao termalismo como dinamizador do rural ou a reivindicación en Europa da igualdade e financiamento directo para as provincias”.

A mesa redonda na que participará Manuel Baltar tamén intervirán os presidentes das deputacións de Alicante, Almería, Palencia e Valladolid, moderados pola vicesecretaria xeral de Política Social do PP, Cuca Gamarra.

A intermunicipal do sábado, que contará no acto de inauguración coa presenza do presidente nacional do PP, Pablo Casado, inclúe outras dúas mesas redondas nas que os alcaldes de Madrid, Zaragoza e Málaga falarán dos retos das cidades no século XXI, mentres que os portavoces municipais do PP en Barcelona, Valencia, Sevilla e Bilbao abordarán as alternativas para o crecemento, o emprego e o benestar dos cidadáns. O secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, pechará este encontro.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: