Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Xerais 10N: O PP pon en valor a nova lei que garante a atención farmacéutica no rural máis despoboado e responde ás demandas dos profesionais

Imprimir ppou - 16-Outubro-2019 - 15:38:30 


• Nun encontro no Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, os candidatos do Partido Popular ao Congreso e ao Senado analizaron a nova regulación farmacéutica de Galicia e outros temas de interese para o sector e usuarios, como a subasta ou o prezo de referencia dos medicamentos.

16, outubro, 2019.

Os ourensáns, en particular os habitantes das zonas rurais máis despoboadas, terán garantido un mellor servizo farmacéutico grazas á nova lei de farmacia, aprobada polo Parlamento galego no pasado mes de xuño, cunha nova normativa “máis acorde coa actual realidade e que responde ás necesidades e demandas dos usuarios e profesionais”.

  
  
Así o destacaron os candidatos do Partido Popular ao Congreso -Ana Vázquez, Celso Delgado e Avelino García- e ao Senado –Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco José Fernández- durante o encontro que esta tarde mantiveron coa directiva do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, co seu presidente á fronte, Santiago Leis. Unha xuntanza na que tamén trasladaron a postura do PP respecto doutros temas de gran importancia, como o posicionamento en contra da subasta de medicamentos ou a necesaria modificación dos prezos de referencia, sistema de subastas e de prezos que non beneficia nin aos pacientes nin aos profesionais provocando, ademais, moitos problemas de abastecemento.

Trala modificación da antiga normativa, que non sufrira cambio algún desde a súa aprobación en 1999 e non respondía as actuais circusntancias tecnolóxicas e demográficas, o novo texto, destacaron os candidatos, dota ao sector farmacético dunha regulación acorde aos tempos e ofrece solucións ás demandas e necesidades deste colectivo de profesionais e dos usuarios.

Os candidatos populares repasaron neste encontro algunhas das medidas específicas que establece a nova lei, como a modificación do cálculo das oficinas de farmacia necesarias por módulo de poboación, garantindo un número acorde coas características xeográficas, a accesibilidade da poboación á prestación farmacética, mesmo coa posibilidade de entrega domiciliaria de medicamentos, ou a apertura de boticas anexas en lugares e parroquias onde non se poda abrir unha farmacia ou con difícil comunicación coa máis próxima.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: