Noticias
Blog
Rosendo Fernández: “Escoitar ás agrupacións locais é o primeiro paso para construír un proxecto de goberno serio e sólido, tamén para España”
15, outubro, 2019.
O secretario xeral do PP de Ourense, Rosendo Fernández, puxo hoxe en valor o traballo que desenvolven as 92 agrupacións locais da formación popular, afirmando que “escoitar as súas propostas e reivindicacións é o primeiro paso para construír un proxecto de goberno serio e sólido, tamén para España”.
![]() |
Fernández lanzou esta mensaxe na reunión celebrada esta tarde na sede do Partido Popular en Verín, no marco dos encontros que a formación ourensá está a convocar nos sete partidos xudiciais da provincia coas respectivas agrupacións locais. Desta volta estaban citadas as xuntas de Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Trasmiras, Vilardevós e Verín.
“Fronte ao bloqueo e a inestabilidade –dixo o secretario xeral- hoxe máis que nunca temos que conseguir reunir de xeito maioritario aos cidadáns ao redor da única alternativa política que logrou sacar ao país dunha profunda crise e situala no camiño de crecemento”.