Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Xerais 10N: O PP moviliza ás agrupacións locais para conseguir por terceira vez neste ano o maior apoio electoral na provincia

Imprimir ppou - 08-Outubro-2019 - 18:41:27 


• Esta tarde déronse cita na sede central ás agrupacións locais dos 19 concellos que forman parte do Partido Xudicial de Ourense, dentro da correspondente xunta electoral de zona, na primeira das reunións previstas para os próximos días por toda a provincia

8, outubro, 2019.

O Partido Popular reuniu esta tarde na sede provincial ás agrupacións locais da formación nos 19 concellos que forman parte do Partido Xudicial de Ourense, dentro da correspondente xunta electoral de zona, na primeira das reunións previstas para os próximos días por toda a provincia. Un amplo programa de encontros que, segundo destacou o secretario xeral dos populares ourensáns, Rosendo Fernández, “ten como obxectivo movilizar toda a maquinaria do noso partido para conseguir, por terceira vez nun ano, o maior apoio electoral na provincia”.

  
  
Fernández recordou que unha das principais características do PP ourensán é a súa constante actividade e implicación de cargos, militantes e simpatizantes, “o que se traduce nunha potente organización dos axentes electorais que agora só temos que impulsar”.

Á reunión de hoxe foron convocados os representantes populares nos concellos de Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Coles, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía e Xunqueia de Espadanedo, aos que se detallaron os principais obxectivos marcados pola dirección provincial para a próxima cita coas urnas.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: