Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Xerais 10N: Manuel Baltar pide “enerxía e contundencia para seguir crecendo en apoio electoral e ser exemplo fronte a un escenario político excepcional”

Imprimir ppou - 07-Outubro-2019 - 13:38:44 


Manuel Baltar pide “enerxía e contundencia  para seguir crecendo en apoio electoral e ser exemplo fronte a un escenario político excepcional”

• O comité electoral do PP, na primeira das reunións que manterá de continuo ata o 9 de novembro, deseñou hoxe unha intensa axenda de actos de precampaña, onde a dirección provincial fará un “esforzo extra” na cidade de Ourense implicando a candidatos e parlamentarios galegos

7, outubro, 2019.

O comité de campaña do Partido Popular de Ourense mantivo hoxe a súa primeira reunión de traballo para planificar o calendario de actos de precampaña que se desenvolverá ata o próximo 31 de outubro, e que prevé unha intensa actividade ante a redución a oito días da campaña ás eleccións xerais para o 10 de novembro. No encontro, o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, pediu aos populares ourensáns “enerxía e contundencia para seguir crecendo en apoio electoral, como ocorreu nas xerais de abril e nas municiais de maio, e converter a Ourense en exemplo fronte a un escenario político excepcional”.

  
  
Logo da reforma impulsada polo Partido Popular e aprobada polo Congreso dos Deputados en outubro de 2016, a Lei Electoral regula o proceso de repetición das eleccións no caso dunha investidura fallida, como á de Pedro Sánchez, reducindo entre outros aspectos a duración da campaña electoral, que pasa de quince a oito días de duración.

Sobre esta base, o Partido Popular de Ourense fará un esforzo especial no periodo de precampaña, ata o día 31 de outubro, pois segundo afirmou  Manuel Baltar, que encabeza o comité, “hoxe máis que nunca precisamos de todo o tempo posible para seguir a trasladar á cidadanía tres importantes mensaxes: somos unha forza de goberno, con demostrada capacidade de buscar pactos para dar estabilidade e gobernos sólidos e cun único interese por encima de todo que é Ourense”. 

Un dos piares desta precampaña, así como da propia campaña electoral, estará na cidade de Ourense, anunciou a dirección provincial, polo que realizará un “esforzo extra” implicando aos candidatos ao Congreso e ao Senado e aos deputados autonómicos en todas as actividades previstas, ao tempo que membros do Comité de Campaña provincial tamén se integrarán no comité da cidade.

Hoxe foi a primeira das reunións que ata o próximo 9 de novembro manterán de continuo os vinte membros do comité de campaña do Partido Popular de Ourense, o primeiro en constituirse tan só un día despois de que O Rei constatara que ningún candidato tiña apoios suficientes para ser investido presidente do Gobierno, disolvendo días desoís as Cortes Xerais e convocando novas eleccións.

RATIFICACIÓN DAS CANDIDATURAS AO CONGRESO E AO SENADO.

Á reunión desta tarde do comité de campaña asistiron tamén os candidatos do Partido Popular pola provincia de Ourense ao Congreso e ao Senado, logo da súa ratificación polo Comité Electoral Nacional, candidaturas que estarán integradas polas mesmas persoas que concurriron ás xerais do 28 de abril agás algúns cambios nas suplencias. Así, os candidatos son:


CONGRESO
1.- Ana Belén Vázquez Blanco
2.- Celso Luis Delgado Arce
3.- Avelino García Ferradal
4.- María Belén Gómez Quevedo

Suplentes
María Antonia Rilo Veiga
Manuel Prado López
Diana Sulleiro Lema
Sara Isabel Hermida Álvarez
José Ángel Sampayo Fernández

SENADO
1.- Miguel Ángel Viso Diéguez
2.- María del Carmen Leyte Coello
3.- Francisco José Fernández Pérez

Suplentes
1.- María Cristina Francisco Vílchez
     Joaquín Bautista Prieto Rodríguez

2.- Susana Vázquez Dorado
     José Luis Sousa López
     
3.- Rogelio Martínez González
     Pilar Monserrat Caride González



Suscíbete:
Redes Sociales: