Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Xerais 10N: O PP de Ourense pon en marcha a súa maquinaria electoral como primeiro partido en constituír o seu comité de campaña

Imprimir ppou - 18-Septembro-2019 - 21:10:50 


• O comité encargarase de organizar unha campaña que só terá oito días de duración, “o que vai supoñer un esforzo extra para explicar á sociedade que só un partido como o noso é quen de dar a estabilidade e solidez que precisa o goberno da nación, como fomos quen de facelo en Galicia e, sabendo pactar, en Ourense”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar

18, setembro, 2019.

O Comité de Dirección do Partido Popular de Ourense, reunido esta tarde na sede provincial, nomeu aos membros do comité de campaña, órgano encargado da organización dos actos que se desenvolverán con motivo da próxima convocatoria de eleccións xerais, a celebrar o 10 de novembro. Como en ocasións anteriores, os populares ourensáns convírtense na primeira formación política en España en constituír este comité, “proba máis que suficiente de que o noso partido é quen de responder en todo momento e circunstancia a calquera escenario político”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar.

Baltar amosou a súa decepción por esta nova chamada ás urnas, “que só é froito da incapacidade dos socialistas por chegar a calquera acordo, xa que en todo momento antepuxeron os seus intereses partidistas por riba do único obxectivo que debe ter un partido a nivel nacional: España e o benestar dos seus cidadáns”.

O comité de campaña, integrado por vinte persoas, baixo a presidencia do propio Manuel Baltar, deseñará unha campaña electoral que, desta volta, só terá oito días de duración, “o que vai supoñer un esforzo extra para explicar á sociedade que só un partido como o noso é quen de dar a estabilidade e solidez que precisa o goberno da nación, como fomos quen de facelo en Galicia e, sabendo pactar, en Ourense”.

    
    
COMITÉ DE CAMPAÑA.
A composición do comité de campaña é a seguinte:

• Responsable político: Manuel Baltar
• Coordinador de campaña: Rosendo Fernández
• Coordinador de organización: Jorge Pumar
• Coordinador de actos: Pablo Pérez
• Xerente de campaña e responsable de publicidade: Luis Vergara
• Responsable de programa electoral: Cristina Romero
• Responsable de formación: Miguel Ángel Viso
• Responsable de argumentarios: Moisés Blanco
• Responsable de mailing: Carmen Leyte
• Responsable voto por correo: Ana Belén Vázquez
• Responsable do voto exterior en España: Antonio Rodríguez Miranda
• Responsable de interventores e apoderados: Marifé Dacoba
• Responsable de Ourense cidade: Jesús Vázquez
• Responsable de asesoría xurídica: Mª. Carmen Carballo
• Responsable de dirixentes nacionais e autonómicos: Miri Barreira
• Responsable de transparencia: Marisol Díaz
• Responsable de mobilización electoral: Miguel Santalices
• Responsable de NN XX: José Antonio Parente
• Responsable de novas tecnoloxías e redes sociais: Luciano Iglesias
• Responsable de prensa: Alberto Carnero .


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: