Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP impulsa unha iniciativa para esixir ao Goberno que remate co bloqueo dos recursos financeiros de concellos e deputacións

Imprimir ppou - 10-Septembro-2019 - 17:25:10 


• O portavoz popular, Plácido Álvarez, afirma que con esta iniciativa “se pretende poñer de manifesto as enormes tensións financeiras que están a sufrir as administracións locais e autonómicas, cuxas consecuencias acabarán por sufrir os cidadáns”.

Ourense, 10, setembro, 2019.- O grupo provincial popular ven de rexistrar hoxe unha moción para o seu debate no pleno de setembro na que esixe ao Goberno en funcións que remate co bloqueo dos recursos financeiros de concellos e deputacións, referendando así o acordo adoptado o pasado día 5 pola Xunta de Goberno da institución provincial. Unha iniciativa que segundo o portavoz popular, Plácido Álvarez, “pretende poñer de manifesto as enormes tensións financeiras que están a sufrir as administracións locais e autonómicas, cuxas consecuencias acabarán por sufrir os cidadáns”.

Álvarez rexeita a actitude dun goberno “que xustifica este bloqueo nas limitacións dun executivo en funcións, pero que non dubida en aprobar reais decretos que supuxeron rachar co teito de gasto e maila estabilidade financeira”. Deste xeito, afirma, incumpriu as súas obrigas para a transferencia ás comunidades autónomas dos recursos derivados da participación dos ingresos do Estado, así como do resto de recursos que lles corresponden ás entidades locais.

O libramento desta débeda, engade o portavoz do grupo provincial popular “é unha cuestión de urxencia pois están en risco os servizos públicos e sociais, que non están en funcións”.

O acordo que os populares presentarán ao pleno inclúe cinco puntos que se corresponden cos aprobados pola Xunta de Goberno de Deputación. Así, instan ao Goberno do Estado a instrumentar de xeito inmediato un crédito non retribuído coas comunidades autónomas e que estas reciban canto antes os anticipos a conta que lles corresponden.
Ademais de esixir que se remate co bloqueo ás administración locais, tamén se solicita que se avalíe o impacto destes impagos, que se compensen os 2.496 millóns de euros de desfase do IVE e se convoque urxentemente o Consello de Política Fiscal e Financeira para buscar unha solución definitiva a este tipo de situacións.

Centrando a problemática na provincia, o grupo popular pide que se dea a coñecer o impacto ocasionado nas entidades locais da provincia; as cantidades pendentes de librar por Facenda a cada un dos concellos ourensáns; e que se explique cando e de que modo vai cubrir o Goberno o esforzo orzamentario que están a facer as administracións locais para atender o incremento das retribucións dos empregados públicos.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: