Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os deputados do PP expresan a súa preocupación polas demoras na tramitación da variante exterior de alta velocidade de Ourense

Imprimir ppou - 09-Septembro-2019 - 12:49:58 


• Advirten dunha posible caducidade da Declaración de Impacto Ambiental entre Seixalbo e Ourense polos retrasos na licitación das obras.

• Piden tamén explicacións sobre a demora na licitación do tramo Seixalbo-Taboadela

9, setembro, 2019.

A Mesa do Congreso ven de cualificar cinco preguntas dos deputados ourensáns do Partido Popular, Celso Delgado e Ana Vázquez, presentadas o pasado 28 de agosto, e que fan referencia á licitación da chamada variante exterior de alta velocidade ferroviaria de Ourense.

Con respecto ao tramo Taboadela- Seixalbo, as preguntas presentadas foron as seguintes: 

• ¿Que, explicación ten que non fosen licitadas por ADIF-AV o 1 de xullo as obras de plataforma da Variante de Ourense, Taboadela-Túnel de Rante, tal e como se anuciou no Diario Oficial da Unión Europea do 7 de marzo do presente ano?
• ¿Que, explicación ten que non fosen licitadas por ADIF-AV o 1 de xullo, as obras de plataforma da  Variante de Ourense, túnel de  Rante-Conexión Seixalbo, tal e como se anuciou no Diario Oficial da Unión Europea do 7 de marzo do presente ano?
• ¿Que, explicación ten que non fosen licitadas por ADIF-AV  o 1 de xullo, as obras de plataforma de Variante de Ourense. Conexión Seixalbo-Seixalbo, tal e como se anunciou no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) do 7 de marzo do presente ano?

Estas preguntas responden ao feito de que Adif Alta Velocidade aínda non procedeu a licitación deses tres tramos da variante, pese a que o preavisara no DOUE por medio de tres anuncios periódicos indicativos, que tiñan por obxecto reducir prazos de recepción de ofertas.

Ditos anuncios prevían estimativamente a licitación o 1 de xullo dos tramos de plataforma Taboadela-Túnel de  Rante, por un valor de 88 millóns de euros, o Túnel de  Rante-Conexión  Seixalbo, por valor de 21 millóns de euros, e da Conexión  Seixalbo-Seixalbo, con nove millóns de euros, todos eles co IVE excluído.

Ademais os deputados presentaron outra pregunta escrita ao Goberno sobre o tramo Seixalbo-Ourense:

• ¿Que actuacións está a levar a cabo ADIF-AV para evitar que a  Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do tramo da Variante de Ourense entre  Seixalbo e Ourense, da LAV a Galicia, que foi aprobada o 25 de novembro de 2011 (BOE do 10 de decembro) perda vixencia como consecuencia de que aínda non foron licitadas as obras?

Nesta pregunta, os deputados ourensáns expresan a súa preocupación polos negativos efectos que tería unha hipotética caducidade da Declaración de Impacto Ambiental.

Compre lembrar que a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, no punto 3 da súa disposición transitoria primeira, establece que “as declaracións de impacto ambiental publicadas con anterioridade á entrada en vigor desta Lei perderán a súa vixencia e cesarán na produción dos efectos que lle son propios se non se comezou a execución dos proxectos ou actividades no prazo máximo de seis anos desde a entrada en vigor desta Lei. En tales casos, o promotor deberá iniciar novamente o trámite de avaliación de impacto ambiental do proxecto conforme ao establecido nesta Lei”.

Significa esto que antes de decembro de 2019 ten que estar en execución algunha actuación neste tramo. De caducar a DIA habería que comezar todo o proceso administrativo e agardar moitos anos máis.

Sinalar ademais que non caben escusas de orde orzamentario xa que por prórroga orzamentaria, en 2019 están vixentes os Orzamentos Xerais do Estado de 2018 (elaborados polo goberno do PP), nos que ADIF-AV consignaba para esta variante ferroviaria un total de 3 millóns de euros dentro dun custo total de 635,56 millóns, fixando a súa conclusión en 2024.

O pasado 31 de xullo o Goberno respondía a una iniciativa dos deputados ourensáns que “se traballaba coa previsión de aprobar os proxectos durante este ano 2019, o que permitiría, a licitación das obras". 

Pese a este resposta, e dada a inestabilidade política propiciada polo goberno en funcións de Pedro Sánchez, Celso Delgado e Ana Vázquez formularon esta nova pregunta, agardando que o ADIF-AV dea cumprida resposta e despexe a preocupación polo futuro destes proxectos.


Suscíbete:
Redes Sociales: