Noticias
Blog
María Jesusa Candal, proclamada candidata popular en Vilamartín de Valdeorras
María Jesusa Candal foi proclamada onte candidata á Alcaldía de Vilamartín de Valdeorras, no acto que contou coa presenza do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo; o presidente provincial, Manuel Baltar, o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, así como destacados cargos do PP e afiliados e simpatizantes. A candidata dixo que o impulso e o respaldo que nos dan hoxe no noso concello o principais dirixentes do PP de Galicia e Ourense "pon de manifesto que estamos no bo camino de seguir traballando polos nosos vecinos para ofrecerles cada día mellores servizos e infraestruturas". Alberto Núñez referiuse á importancia que teñen as vindeiras eleccións municipais "porque non queremos que nos gobernen nos nosos concellos réplicas en miniatura da política do señor Zapatero. Abonda de ineficacia e desplifarro. Queremos gobernantes que en lugar de traernos crise nos traigan ilusión, progreso e benestar, todo o contrario que fixeron este anos os gobernos socialistas".