Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Celanova pedirá explicacións ao goberno local sobre o futuro da escola municipal deportiva

Imprimir ppou - 04-Septembro-2019 - 12:57:00 


• O portavoz popular, José Luis Ferro, subliña a súa preocupación e a dos pais dos rapaces porque “as únicas únicas noticias que nos chegan falan de recortes”. 

4, setembro, 2019.

O Partido Popular de Celanova pedirá explicacións ao grupo local de goberno sobre o futuro da escola municipal deportiva, diante das noticias que apuntan a un recorte no número de monitores e, polo tanto, das posibilidades de atención aos preto de 300 nenos e nenas que acuden a esta escola.

A piques de iniciar o novo curso “o grupo de goberno aínda non facilitou información oficial algunha sobre o funcionamento da escola e, o que é máis preocupante,  as únicas noticias que nos chegan falan de recortes no número de monitores nas disciplinas de fútbol e ximnasia rítmica”, manifestou o portavoz do grupo popular, José Luis Ferro.

O representante do PP celanovés afirmou que a preocupación é máxima entre os país dos usuarios, “ata o punto de que tamén teñen a intención de pedir unha reunión co alcalde para que lles aclare o futuro da escola, onde ao parecer os recortes baséanse nun suposto exceso de gasto”.

Para Ferro, “a escola non pode ser vista baixo ningún concepto como un gasto, senón como un investimento de futuro, de fomento de hábitos saudables e de relacións sociais”, destacando que o deporte de Celanova vive o mellor momento da súa historia, sendo unha das principais apostas do anterior goberno do PP, que creou novas disciplinas como a ximnasia rítmica ou patinaxe, complementando a oferta de fútbol.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: