Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os deputados do PP piden ao Goberno unha unidade de seguridade cidadá da Garda Civil para o rural ourensán

Imprimir ppou - 21-Xuño-2019 - 09:46:59 


• Estes equipos reforzarían aos efectivos repartidos por todos os cuarteis da provincia nos labores de prevención de delictos no rural, no que se concentra o 70 % da poboación, ademais de apoiar os labores que desenvolve o Seprona e incrementar a vixiancia nas zonas limítrofes con Portugal.

22, xuño, 2019.

Os deputados do Partido Popular por Ourense, Ana Vázquez e Celso Delgado, presentaron no Congreso unha pregunta dirixida ao Goberno na que expresan a necesidade de crear unha unidade de seguridade cidadá da Garda Civil (USECIC), para apoiar aos efectivos repartidos por todos os cuarteis da provincia nos labores de prevención no rural, no que se concentra o 70 % da poboación, “paliando a sensación de inseguridade que sofre a poboación nos núcleos rurais, de xeito especial polos casos de robos en domicilios.

Os parlamentarios atenden así a petición formulada por todas as asociacións profesionais da Garda Civil en Ourense, expresadas nos distintos encontros mantidos cos deputados.

As USECIC teñen como misión protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades dos cidadáns mediante a prevención e primeira investigación de delictos, así como o auxilio e atención aos requirimentos da poboación as 24 horas do día, durante todos os días do ano.

Tamén exercen tarefas de apoio ao Servizo de Protección da Natureza (Seprona) na prevención de incendios forestais, traballo de especial relevancia na provincia de Ourense que, con esta nova unidade, vería reforzada a vixiancia dos montes ourensáns.
Outro dos aspectos que apoian a importancia destes equipos refírese ao carácter transfronteirizo da provincia, ao ser o territorio que ten máis quilómetros de fronteira con Portugal,  reforzando así aquelas zonas limítrofes co país veciño nas que hai cuarteis, pero cun número escaso de axentes da Garda Civil. 

Os deputados sinalan que, segundo información do Goberno, das 892 prazas do Catálogo de Activos da Garda Civil en Ourense, tan só están cubertas 797, o que supón un déficit de 100 axentes na provincia.

Compre lembrar que os deputados xa presentaran na lexislatura anterior unha Proposición non de Lei solicitando a creación desta unidade, proposta que non chegou a debaterse pola convocatoria anticipada das eleccións. Os representantes populares no Congreso agardarán a recibir resposta do Goberno a esta pregunta para formular novamente esta PNL.


Suscíbete:
Redes Sociales: