Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Moisés Blanco aboga por un Barco “moderno e feito entre todos”, na súa proclamación como candidato á Alcaldía de O Barco

Imprimir ppou - 04-Marzo-2011 - 14:08:11 

Moisés Blanco dixo onte na súa proclamación como candidato á Alcaldía polo Partido Popular que temos ante nós "a oportunidade de facer O Barco entre todos, cunha política moderna, participativa e que non se caracterice pola ineficacia e as irregularidades ás que dende hai anos nos ten acostumado o alcalde socialista do noso concello". Nun acto multitudinario que abarrotou o Teatro Lauro Olmo, Moisés Blanco estivo arroupado polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, así como polo presidente provincial, Manuel Baltar, o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, e cargos populares, afiliados e simpatizantes. Alberto Núñez afirmou que Moisés "está preparado para darle o Barco o goberno que as veciñas e vecinos merecen: cunha xestión eficaz, sen despilfarros e sobre todo facendo obras e servizos que se vexan como feitos de utilidade e benestar para os cidadáns. É tempo xa dun cambio no Barco porque hai outra maneira de facer política pensando na xente, e ese modelo está representado por Moisés Blanco".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: