Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP retira “por responsabilidade política” o contencioso presentado pola nulidade dun voto en Xunqueira de Ambía

Imprimir ppou - 11-Xuño-2019 - 16:49:28 


• Os populares consideraban válida a papeleta, que suporía incrementar nun concelleiro a xa de por se maioría absoluta obtida nas eleccións do 26 de maio. 

11, xuño, 2019.

O Partido Popular de Ourense retirará “por responsabilidade política” o recurso contencioso electoral presentado diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no que reclamaba a validez dun voto nunha das mesas electorais do Concello de Xunqueira de Ambía e que, de contabilizarse, suporía incrementar nun concelleiro máis a representación da formación popular.

O candidato á alcaldía e alcalde en funcións, José Luis Gavilanes, explicou que no reconto dos votos no colexio electoral de Sobradelo detectouse unha papeleta que a mesa considerou nula, “pero que nós entendíamos que era perfectamente válida, outorgándonos un edil máis, polo que decidimos presentar o contencioso”.

Agora e tras estudar a situación, engadiu Gavilanes, “os membros da nosa candidatura renunciamos á posibilidade de obter un concelleiro máis e acordamos retirar dito contencioso por responsabilidade política, xa que a resolución do mesmo retrasaría polo menos quince días a constitución da corporación local e, en consecuencia, a da Deputación de Ourense

Os resultados das eleccións locais do 26 de maio outorgaron ao Partido Popular de Xunqueira de Ambía a maioría absoluta con 6 concelleiros, fronte aos 3 obtidos por Independentes por Xunqueira, mentres que PSOE e BNG non conseguiron representación.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: