Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os deputados ourensáns no Congreso presentan 46 preguntas ao goberno sobre o investimento en infraestruturas na provincia

Imprimir ppou - 31-Maio-2019 - 13:11:17 


• Tan só nove días despois do inicio da lexislatura, Celso Delgado e Ana Vázquez rexistraron un conxunto de cuestións que deberán ser respondidas por escrito e que están centradas na situación de diversos proxectos sobre estradas e ferrocarril. 

31, maio, 2019.

Tan só nove días despois do comezo formal da nova Lexislatura das Cortes Xerais –o 21 de maio- os deputados electos do Partido Popular por Ourense, Celso Delgado Arce e Ana Vázquez Blanco, rexistraron as primeiras iniciativas parlamentarias. En concreto, 46 preguntas ao Goberno que deberán ser respondidas por escrito e nas que se interesan pola situación de diversos proxectos de infraestruturas e transporte na provincia.

As cuestións formuladas e sobre as que se solicita información son as seguintes:

Estradas

• Variante de Ourense ( Eirasvedras-Quintela). Data na que se finalizou a  auditoría de seguridade viaria e se está culminada a redacción do proxecto, así como en que data do presente ano licitaranse as obras.
• Variante de Ourense (ligazón de Quintela-Enlace da Casilla): pregunta ao Ministerio de Fomento sobre si concluíu a redacción do proxecto.
• Autovía A-56 (Ourense-Lugo): situación en que se atopa a  re-dacción dos proxectos dos tramos Ourense-Cambeo e Cambeo-San Martiño; grao de execución do tramo  San Martiño-A Barrela e a data do ano 2019 que manexa o Ministerio de Fomento para poñer en servizo este tramo de 9,8  Km de lonxitude.
• Circunvalación do Barco: sobre a previsión da data de adxudicación e formalización do contrato de obras para a construción desta estrada de conexión entre a N-120 e N-536 entre,  Sobradelo e O Barco de Valdeorras. 
• Autovía A-76 (Ourense-Ponferrada): sobre se cumpriu o Ministerio de Fomento o compromiso de que en maio de 2019 estaría finalizada a redacción do proxecto construtivo do tramo A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras e se licitará en 2019 as obras deste tramo.
Os deputados tamén demandaron información sobre a previsión para concluír a redacción do proxecto construtivo do tramo entre  Villamartín da Abadía-Requejo e se licitará en 2019 as obras deste tramo leonés, así como as previsións relativas a outros tramos da A-76 (Requejo-A Veiga de  Cascallá; Monforte de Lemos/Este-Babela; Arcos-A Rúa-O Barco de Valdeorras.
 No tocante a outros proxectos, preguntaron tamén sobre a situación do proxecto de construción da ligazón da estrada  N-120 na Rúa e do proxecto de mellora da intersección do acceso ao cámping de Untes, desde a estrada N-120; a adxudicación das obras de seguridade viaria, consistentes en paseos peonís, na travesía de  Razamonde (N-120); a conclusión da redacción do proxecto de paso inferior e ligazón na estrada  N-525 en Ribela (Coles); o proxecto de trazado para a implantación de carrís de  adiantamento na estrada  N-120 (entre os quilómetros 548,800 e 568,00); a construción de ligazón e reordenación de accesos na estrada N-120, en Vilamartín de Valdeorras.

Ferrocarril

• LAV Madrid-Galicia: actuacións realizadas dentro da fase de probas do tramo finalizado de alta velocidade entre Zamora e Pedralba de la Pradería; grao de cumprimento do cronograma das obras entre Pedralba de la Pradería e Ourense; estado de execución das obras no tramo  Portocamba-Cerdedelo, e moi especialmente no referente aos viadutos de As Teixeiras; o estado do proxecto da base de montaxe da Mezquita e de Meamán; estado dos proxectos de montaxe de vía entre  Pedralba-Campobecerros e  Campobecerros-Taboadela.
• Estado das obras de construción da estación “Porta de Galicia”, na Gudiña, adxudicadas por ADIF-AV/AV en marzo de 2019.
• Accesos da  LAV a Ourense: balance que realiza  Adif-AV/AV  das obras realizadas desde o 8 ao 26 de maio na liña de ancho convencional Zamora-Ourense, e que obrigaron a interromper o tráfico ferroviario, debido ás obras de construción da  LAV en varios puntos, especialmente no tramo Taboadela-Ourense.
• Previsións do Ministerio de Fomento para licitar as obras corres-pondentes á variante exterior entre Taboadela-Seixalbo, cumprindo así cos compromisos para avanzar nesta conexión.
• Estación de Ourense: se Adif AV/AV está a seguir todos os pasos  administrativos e técnicos necesarios para desenvolver e executar a nova estación intermodal de Ourense e cumprir co cronograma establecido; data que manexa ADIF-AV/AV para que comecen as obras do novo aparcamento; estado dos traballos de remodelación de vías e plataformas da estación de Ourense que teñen como obxectivo adaptar a terminal aos novos servizos de alta velocidade; o estado administrativo do "Estudo Informativo do Proxecto Nova Estación Intermodal de Ourense", aprobado provisionalmente o 7 de setembro de 2018  pola Secretaría Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento.
• Conexión ferroviaria entre Ourense-Monforte de Lemos-Lugo: previsión de ADIF para concluír a redacción do proxecto de renovación total deste tramo ferroviario; proxectos de supresión de 36 pasos a nivel e sobre a situación actual da electrificación da citada liña ferroviaria.
Movemento de viaxeiros: datos que obran en poder de RENFE  correspondentes aos cinco primeiros meses do ano 2019, referentes ao número de viaxeiros da relación diúrna Madrid-Galicia, dos servizos punto a punto entre Madrid-Ourense, e dos servizos  AVANT entre Ourense-Santiago-A Coruña e a súa comparativa co mesmo período do ano anterior.


Suscíbete:
Redes Sociales: