Noticias
Blog
Eleccións Locais 2019: O Partido Popular de Ourense foi a única forza da provincia que conseguíu aumentar o seu apoio electoral
• O PP pasou 34,81 % en abril ao 38 % neste domingo, “datos que compre poñer en valor pois significan que en 29 días fomos quen de gañar unhas eleccións xerais, unhas locais e unhas europeas”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar.
27, maio, 2019.
O Partido Popular de Ourense foi a única forza política que conseguíu aumentar o seu apoio electoral na provincia con respecto ás eleccións xerais, pasando do 34,81 % en abril ao 38 % neste domingo, “datos que compre poñer en valor pois significan que en 29 días fomos quen de gañar unhas eleccións xerais, onde o voto é máis ideolóxico, e unhas locais de carácter máis persoal, ademais dos comicios europeos”.
Na habitual comparecencia diante dos medios de comunicación tras unhas eleccións e acompañado polo coordinador de campaña e secretario xeral, Rosendo Fernández, o presidente provincial, Manuel Baltar, valorou así os resultados obtidos polos populares ourensáns este pasado domingo “é que non foron outros que a victoria do PP na provincia”.
Comezou Baltar a súa intervención agradecendo o traballo realizado polos 2.569 interventores e apoderados do partido que estiveron nas 542 mesas da provincia, ademais de felicitar “aos 876 concelleiros elixidos nestas eleccións, así como a todos os partidos que obtiveron representación municipal e aos que desexamos a mellor das sortes”.
Para o presidente provincial, a victoria popular está aínda máis lexitimida pola resposta dos ourensáns, que convertiron á provincia na primeira de Galicia en participación co 72,13 %, 5 puntos máis que a medida de Galicia e sete puntos máis que a media nacional.
O Partido Popular foi a forza máis votada en 64 dos 92 concellos (69,56 %), de tal xeito que en sete de cada dez concellos houbo victoria do PP. Esto se traduce en 461 concelleiros dos 876 en xogo (52,62 %). Os 415 restantes “son de diversas candidaturas e iso hai que telo en conta á hora de valorar o resultado obtido polo noso partido”, apuntou Baltar.
Esto supón, ademais que o PP obtivo 53 maiorías absolutas saídas directamente das urnas (57,60 % de concellos), é dicir, que seis de cada dez concellos teñen maioría absoluta popular, gañando en todos os partidos xudiciais agás en Valdeorras.
En Galicia, o Partido Popular foi a forza máis votada en 179 concellos, dos que 64 están en Ourense (35,75 %), de tal xeito que en uno de cada tres concellos galegos a victoria foi para os populares de Ourense.
Con respecto ás eleccións europeas, o PP de Ourense tamén foi a provincia con maior apoio electoral, 35,88 %, seis puntos máis que os votos recibidos pola candidatura popular europea en Galicia (29,81 %) e máis de 15 puntos con respecto á media española.
Mauel Baltar, candidato á presidir a Deputación, apuntou que cos datos actuais o PP obtería 12 escanos, “resultado provisional pois estamos a revisar os datos obtivos nos 37 concellos que forman o partido xudicial de Ourense”
OUTROS DATOS DAS ELECCIÓNS LOCAIS.
• Sexta provincia de España en apoio ao PP (38,28 % a falta de datos por incluír), 16 puntos máis que a media en España (22,23 %) e 5 puntos máis que o PP de Galicia.
• A suba do PP nas citas de abril e maio (tres puntos máis, do 35 % ata o 38 %) contrasta cos resultados da segunda forza máis votada, o PSOE. Nas xerais, os socialistas obtiveron un 32,99 % de apoio electoral e agora o 29 %.
• Nas xerais, o PP sacou 3.464 votos máis e agora 16.176, é dicir, unha diferenza de 12.712 votos a favor dos populares.
• Pola súa banda, Ciudadanos tivo en abril o 10,76 % e agora un 3,19 %.
• Na extrapolación ás autonómicas, o PP obtería 7 dos 14 escanos que lle corresponde á provincia.
• No caso das xerais, manteríanse os dous deputados e tres senadores actuais.