Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Avelino García, apoiado por Núñez Feijoo na presentación como candidato do PP en A Rúa

Imprimir ppou - 04-Marzo-2011 - 14:05:58 

Avelino García Ferradal foi proclamado onte candidato do PP á Alcaldía de A Rúa, nun acto que contou coa presenza do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, así como co presidente provincial do PP, Manuel Baltar; o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar; o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e destacados cargos populares así como militantes e simpatizantes do PP na Rúa. Avelino García dixo que traballará por devolver á Rúa un goberno "responsable, eficaz, preocupado polos seus veciños e sobre todo un goberno municipal que non se caracterice por ter soamente débedas". Neste senso, Alberto Núñez Feijoo criticou os dous millóns de débeda que arrastra o Concello da Rúa e dixo que "xa abonda de ter que soportar a gobernos bipartitos, socialistas ou nacionalistas que non fan máis que baleirar a caixa dos cartos e deixar sempre facturas sen pagar, para que logo teña que vir o Partido Popular a solucionar toda a súa mala xestión".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: