Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Baltar aposta por xerar “novos espazos de promoción que sirvan de escaparate aos nosos produtos de calidade”

Imprimir ppou - 20-Maio-2019 - 15:58:07 


• No Ribeiro, un dos enclaves vitícolas máis importantes de España, o presidente provincial e candidato á presidencia da Deputación defendeu a aposta do Partido Popular e o goberno provincial por promover todo tipo de actividades relacionadas co viño, incluíndo os seus valores culturais, históricos, turísticos e gastronómicos.

19, maio, 2019.

O presidente provincial do PP e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, apostou hoxe por xerar “novos espazos de promoción que sirvan de escaparate aos nosos produtos de calidade”, facendo especial mención ao sector vitícola e o seu enorme potencial “que requiren un amplo plan de apoio que, ademais do produto, difunda os seus valores culturais, históricos, turísticos e gastronómicos”. Manuel Baltar lanzou esta mensaxe no Ribeiro, onde destacou as propostas que o programa de goberno 72-73 inclúe “para seguir visualizando a importancia que ten a viticultura no noso territorio”.

  
  
Máis de 10.300 viticultores, case 300 adegas e preto de 97 millóns de euros “converten a esta actividade nun sector de primeiro nivel para a economía ourensá, tendo en conta ademais que se estende polos catro custados da provincia”. Así, dixo, “para o próximo mandato, tal e como viñemos facendo nestes anos, desde o goberno provincial seguiremos apoiando con total determinación este ámbito, como o fixemos habilitando unha partida anual de 200.000 euros para a internacionalización das catro denominacións de orixe ou apostando polo desenvolvemento dos roteiros do viño”.

O Partido Popular, dixo o presidente do PP, “é plenamente consciente do papel que xoga a viticultura á hora de dinamizar o rural, pero non só desde unha perspectiva económica, senón tamén polo seu papel de embaixador da provincia, xa que este produto de calidade ten un destacado retorno como é o turismo”.

En referencia ao seu programa de goberno provincial, Manuel Baltar puxo como exemplo do compromiso popular con este sector, e con todas as actividades que leva aparelladas, a habilitación dun espazo propio para a Deputación no Museo do Viño de Galicia, con sede en Ribadavia, “que se utilizará como mostra do sector agroalimentario ourensán e que servirá de escaparate da riqueza e dos produtos endóxenos”.

MITINES EN XUNQUEIRA DE ESPADANEDO, AMOEIRO, CARTELLE, RIBADAVIA E MELÓN.
O Partido Popular despregou nesta xornada dominical de campaña unha intensa axenda de mitins con citas en Xunqueira de Espadanedo, Amoeiro, Cartelle, Ribadavia e Melón, onde acudiron cargos do partido, militantes e simpatizantes para arroupar aos respectivos candidatos.
  
  
En Xunqueira de Espadanedo, o presidente provincial destacou do candidato, Carlos Gómez, a súa “lealdade, primeiro cos veciños e con Xunquiera, pero tamén co proxecto de provincia que propón o PP”. De José  Sampayo, por Amoeiro, afirmou “que ten perfectamente claro que é preciso fomentar a convivencia, sen distincións ideolóxicas e evitando a confrontación”. 

En Cartelle, agradeceu a Jaime Sousa “que asumise o reto de liderar a candidatura dun concello onde a xestión eficiente foi unha constante”. La lista que encabeza César Fernández en Ribadavia, apuntou, “ofrece unha oportunidade histórica para pechar unha escura etapa no concello  propoñendo diálogo, conciliación e respecto”. Por último en Melón, destacou que Cristina Francisco Vilchez, “ofreceu nestes catro anos aos seus veciños un goberno estable e sólido que seguro repetirá”.

FIRME APOSTA POR MANZANEDA.
O presidente provincial do PP tamén arroupou ao candidato á alcaldía de Manzaneda, Pedro Yáñez, durante unha visita na que expresou a súa satisfacción por contar no proxecto popular cunha persoa nova que coñece moi ben as posibilidades deste  concello, en particular as que se abren no ámbito turístico grazas á estación de montaña e o forte investimento de case cinco millóns de euros realizada pola Deputación e a Xunta de Galicia para instalar canóns de neve artificial”. 
  
  


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: