Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Baltar prioriza os servizos sociais e o emprego “como eixos da nosa cooperación cos concellos”

Imprimir ppou - 14-Maio-2019 - 17:49:59 



• O presidente do PP ourensán e candidato á presidencia da Deputación lembrou que o goberno provincial foi “pioneiro na prestación de servizos sociais coa posta en marcha, fai sete anos, dun primeiro plan neste capítulo que non deixou de incorporar novas medidas ata o día de hoxe”, a última, subliñou, “a perspectiva de reto demográfico a cada unha das súas accións”.

14, maio, 2019.

O presidente do Partido Popular de Ourense e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, afirmou hoxe que un dos eixos da proposta de goberno provincial do PP para o próximo mandato seguirá sendo a cooperación cos  concellos, de modo especial no ámbito dos servizos sociais e o emprego, “achegando os recursos técnicos e financeiros necesarios para manter activo o noso territorio e dar a resposta adecuada ás necesidades dos ourensáns, con independencia de onde vivan”.

  
  
O Partido Popular, lembrou Manuel Baltar, “fixo da Deputación de Ourense unha institución pioneira na prestación de servizos sociais coa posta en marcha, fai sete anos, dun primeiro plan neste capítulo que non deixou de incorporar novas medidas ata o día de hoxe”. A última, subliñou, “a perspectiva de reto demográfico a cada unha das súas accións, tendo en conta a demografía, dispersión da poboación e grao de envellecemento en cada  concello”.

Axuda a domicilio, teleasistencia ou atención á infancia constitúen o núcleo dos servizos sociais que prestan os  concellos e aos cales a Deputación serve de soporte, destacou, apuntando algunhas das iniciativas levadas a cabo como o plan BenOurense de asistencia económica, técnica e xurídica; o programa  Chegou de apoio á natalidade, con axudas por nacemento ou adopción; a colaboración con entidades de interese social; ou os proxectos para colectivos en risco de exclusión de social  través de fondos sociais europeos.


Manuel Baltar, con todo, tamén puxo énfase no emprego “como unha forma máis de ofrecer oportunidades aos habitantes dos nosos  concellos, de modo particular aos mozos”. Así, citou outras iniciativas desenvoltas desde o goberno provincial como o plan “ EmpregOU” para unha mellor formación dos mozos á hora de acceder ao mercado laboral e impulsar o emprendemento, ou o Plan de Empregabilidade, “que con case dous millóns de euros foi unha das accións mellor valoradas polos alcaldes.

  
  
O plan 72-73, engadiu o candidato á presidencia da Deputación, “seguirá mantendo ese marcado acento social con compromisos reais que se poderán seguir ao detalle no noso programa de goberno, cunha merecida atención aos nosos maiores, con axudas á natalidade, iniciativas de conciliación da vida familiar e laboral e ofrecendo oportunidades para que os nosos mozos poidan desenvolver un proxecto vital e profesional nos seus  concellos”.
 
MACEDA, SAN CIBRAO DAS VIÑAS E PADERNE DE ALLARIZ.
Maceda, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz acolleron os mitins programados polo Partido Popular de Ourense para xornada electoral de hoxe, onde ademais dos candidatos ás respectivas alcaldías, Rubén Quintas, Pedro Fernández e José Manuel Fernández, o presidente provincial do PP estivo acompañado nas dúas primeiras vilas polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.


Manuel Baltar pediu aos veciños dos tres  concellos que o día 26 de maio “acudades ás urnas coa papeleta do PP, que será a única formación capaz de ofrecervos gobernos estables como os que gozastes neste mandato e que souberon en todo momento aproveitar a colaboración institucional das administracións provincial e autonómica para desenvolver os seus proxectos”.

O candidato provincial, como onte manifestou en Baños de Molgas, apelou de novo ao voto unido ao redor das siglas da formación popular “que demostrou ser un partido de goberno pola súa capacidade de xestión e de situar a Ourense no mapa nacional e europeo, polo que agora temos unha nova oportunidade de darlle a volta a aqueles  concellos que nestes catro anos instaláronse na parálise e a carencia de ideas”. 
  
  



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: