Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Baltar aposta por converter a provincia nun referente de proxectos de vangarda no rural

Imprimir ppou - 13-Maio-2019 - 20:55:56 



• O presidente provincial do PP e candidato á presidencia da Deputación referendou hoxe o seu compromiso para a constitución do Observatorio Internacional do Medio Rural que, en colaboración coa Universidade de Vigo, permitirá estudar mercados, competitividade, perspectivas de emprego e plans de innovación nese ámbito.

• A Deputación, dixo “como  concello de  concellos, está obrigada a liderar a transformación da provincia explotando sectores de enorme futuro como a agricultura, a gandería, o forestal e todas as industrias vinculadas aos mesmos”, sen deixar de citar o turismo nas súas distintas vertentes.

13, maio, 2019.

O 80 % do territorio ourensán ten carácter rural “e temos as mellores condicións en moi diversos sectores para converter a provincia nun referente pioneiro internacional na investigación, análise e posta en marcha de proxectos de vangarda a favor do medio rural". O presidente provincial do PP e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, referendou hoxe o seu compromiso para a constitución do Observatorio Internacional do Medio Rural que, en colaboración coa Universidade de Vigo, permitirá estudar mercados, competitividade, perspectivas de emprego e plans de innovación nese ámbito.

  
  
A posta en marcha do Observatorio do Rural é unha das 124 accións  incluídas no programa de goberno 72-73, co que Manuel Baltar preséntase como candidato á presidencia da Deputación, e para o cal desexa contar coa implicación das iniciativas pública e privada. Unha proposta que botará a andar cun Congreso Internacional de Medio Rural, previsto para o mes de outubro e que reunirá no mosteiro de Oseira aos mellores especialistas no ámbito rural, para analizar as perspectivas de futuro dunha área estreitamente vinculada ao reto demográfico.

En Baños de Molgas, onde o Partido Popular arroupou ao novo candidato á alcaldía, José  Ruído, o presidente provincial afirmou que “no Partido Popular facemos bandeira do rural porque é aí onde están as nosas orixes, porque estamos en todos os  concellos e coñecemos as súas necesidades, pero sobre todo sabemos do seu potencial”. A Deputación, engadiu, “como  concello de  concellos, está obrigada a liderar a transformación da provincia explotando sectores de enorme futuro como a agricultura, a gandería, o forestal e todas as industrias vinculadas aos mesmos”, sen deixar de citar o turismo nas súas distintas vertentes como unha oportunidade máis de desenvolvemento, de xeración de riqueza, emprego e, en consecuencia, para fixar poboación.

Manuel Baltar salientou que o PP “é a única formación política que soubo defender desde o goberno provincial as singularidades de cada un dos nosos municipios e comarcas, “fronte a aqueles que só queren baleirar de contido e competencias á Deputación, converténdoa nunha mera distribuidora de diñeiro público”. Nesta liña, engadiu, “é imposible atopar, porque non existe, un programa que contemple accións dirixidas tanto aos  concellos como ás comarcas, como o que nós presentamos, para xerar unha nova visión de provincia”.

  
  
Así e xunto coa creación do Observatorio do Rural, citou algunhas das propostas incluídas no programa 72-73, destacando os plans estratéxicos para as denominacións de orixe vitivinícolas, a adhesión aos roteiros do viño, a creación dun consello provincial de comunidades propietarias de montes veciñais, a asunción do Centro Agroforestal de Riós ou a posta en marcha do Centro Tecnolóxico Forestal de Galicia, en colaboración coa Xunta e a iniciativa privada.

Ademais de Baños de Molgas, Manuel Baltar tamén se desprazou a Viana do Bolo, onde realizou un percorrido pola localidade acompañado por Andrés Montesinos, candidato á alcaldía, e durante a cal destacou a colaboración económica e técnica da Deputación na procura dunha solución ao arranxo da estrada de San  Agostiño, proxecto no que o principal interesado debería ser o  concello “pero no que só a oposición traballou impulsando  unha comisión de seguimento”.
 
ESPAZO POLÍTICO PARA OS MOZOS
Unha das liñas de traballo impulsadas desde a dirección provincial do PP para as eleccións do 26 de maio foi aumentar a presenza dos mozos nas candidaturas locais, buscando “o achegamento da mocidade á política e, moi especialmente, á xestión municipal”. 
  
  

Neste sentido, Manuel Baltar mantivo hoxe unha reunión con membros da organización popular xuvenil de Novas Xeracións, con quen repasou as propostas que o programa de goberno provincial inclúe para este sector de poboación, fundamentalmente novas oportunidades de estudo, como o Centro de Innovación da FP, ou os plans de empregabilidade.


Suscíbete:
Redes Sociales: