Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: O Partido Popular “é a única formación que sae a gañar nos 92 concellos de Ourense”

Imprimir ppou - 09-Maio-2019 - 16:07:32 


• Na presentación da candidatura ao Concello de Pereiro de Aguiar, o presidente provincial afirmou que esdte obxectivo “só pode estar ao alcance dun partido que chega a todos os recunchos da provincia e formula retos ben claros e definidos, porque a credibilidade e a transparencia son partes fundamentais do noso ADN”.

• No acto, que contou coa presenza do presidente do PPdeG, Alberto Núñez, o número uno da lista, Luis Menor, subliñou que o seu equipo inclúe a persoas “con anos de traballo recoñecido por todos e ao que se incorporan novos membros que aportan máis ilusión e compromiso para seguir facendo do Pereiro o mellor lugar para vivir e traballar”.

9, maio, 2019.

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, puxo en valor hoxe a todo o equipo humano, “desde cargos, candidatos e ata o último afiliado” que foron quen de converter ao PP ourensán “na única formación política que sae a gañar nos 92 concellos da provincia”. Manuel Baltar lanzou esta mensaxe durante a presentación da candidatura popular no Concello de Pereiro de Aguiar, que encabeza por primeira vez Luis Menor, acto que contou coa presenza do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó.

  
  
A escasas horas do inicio da campaña electoral para as eleccións municipais do 26 de maio, Manuel Baltar lembrou os principais obxectivos polos que ven de traballar o Partido Popular, como son “obter o récord histórico de alcaldías, achegarse ao 50 % de apoio electoral e manter a maioría absoluta na Deputación, para seguir facendo o Ourense que os ourensáns nos piden e necesitan”.  Obxectivos ambiciosos, recoñeceu, “pero que só poden estar ao alcance dun partido que chega a todos os recunchos da provincia e formula retos ben claros e definidos, porque a credibilidade e a transparencia son partes fundamentais do noso ADN”.
 
Apelou de novo o presidente dos populares ourensáns á dobre utilidade do voto ao PP, “pois coa nosa papeleta non só estades a escoller ao mellor alcalde, senón tamén ao único candidato coñecido a presidir a Deputación e a un goberno provincial que xa demostrou a súa capacidade de xestión económica, a súa aposta por darlle visibilidade nacional e internacional a Ourense e que fai bandeira da colaboración con outras administracións e entidades sociasie e económicas”.

Na súa intervención, Manuel Baltar agradeceu o reto que asume Luis Menor, como candidato á alcaldía, relevando ao ata agora alcalde, Eliseo Fernández, “que en 32 anos nunca perdeu unhas eleccións, mantendo e mesmo superando sempre o apoio nas urnas”.

LUIS MENOR: “SEGUIR FACENDO DO PEREIRO O MELLOR LUGAR PARA VIVIR E TRABALLAR”
A este recoñecemento tamén se sumou Luis Menor, que definiu a Eliseo Fernández como “o home da cercanía, a sencillez, a honradez e a capacidade de traballo, un valor que non imos desaproveitar e que por iso tamén forma parte da nosa candidatura”. Un equipo, engadiu, “con anos de traballo recoñecido por todos e ao que se incorporan novos membros que aportan máis ilusión e compromiso para seguir facendo do Pereiro o mellor lugar para vivir e traballar”. 

O candidato tamén repasou algunhas das accións recollidas no seu programa, que xira en torno á xeración de riqueza e emprego, comezando polo proxecto do parque acuático e de multiaventura, que impulsan a Deputación e a Xunta, “como un factor importantísimo de dinamización económica”.

Transporte municipal, ampliación do parque empresarial de Pereiro coa construcción dun edificio para servizos integrais desta área, o programa “Elixe Pereiro” nos ámbitos turísticos, de lecer, gastronómico e cultural, así como propostas de apoio ás familias, coa eliminación do IBI para as familias numerosas, accións en materia de infraestruturas, seguridade e deportes foron tamén algún dos aspectos do seu programa destacados por Luis Menor.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: