Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Baltar da a benvida “ao partido de Ourense” aos 32 novos candidatos da formación popular na provincia

Imprimir ppou - 09-Maio-2019 - 10:45:13 


• O obxectivo do encontro que mantivo cos novos números uno, afirmou o presidente provincial, “é facer equipo e contribuír a que Ourense sexa de novo a provincia española con maior apoio popular de España”. 

8, maio, 2019.

“Somos o partido de Ourense e a nosa vinculación á terra demostrase coas 92 candidaturas que o Partido Popular presenta nos 92 concellos da provincia”, afirmou hoxe o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, durante un encontro que mantivo cos 32 novos candidatos populares que concorren ás eleccións municipais. Unha xuntanza que, segundo dixo, “ten como obxectivo facer equipo e contribuír a que Ourense sexa de novo a provincia española con maior apoio popular de España”.

  
  
A reunión vai camiño de se converter nun acto político tradicional dos populares ourensáns, lembrou Manuel Baltar, xa que tamén se celebrou con motivo das municipais de 2015 “e ten a súa importancia porque implica en dous mandatos unha renovación do 70 % das candidaturas, o que signfica que somos un partido vivo e en continua evolución”.

Nesta reunión de benvida “hai persoas que se estrean en política, outros que xa teñen experiencia como concelleiros, alcaldes ou alcaldesas que lideran por primeira vez unha lista e outras que inician unha nova etapa, pero todos tendes en común que optades a ser o primeiro veciño dos vosos concellos”, subliñou o presidente provincial. 

Aínda máis, engadiu, “xa que co voso traballo tamén ides contribuír a gobernar a Deputación de Ourense, unha institución que como demostramos colabora con todos os concellos e que se convirte en previsible polo programa que presentamos para un próximo mandato e que xunto coa miña candidatura á presidencia é unha marca de identidade deste partido”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: