Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Baltar: “Só sabemos falar ben alto e claro de propostas e construír un Ourense en positivo”

Imprimir ppou - 09-Maio-2019 - 10:31:01 

  
  

• Durante o acto de presentación da candidatura popular ao Concello de Ourense, que lidera de Jesús Vázquez, o presidente provincial afirmou que “os ourensáns merecen unha gran maioría que permita gobernar sen depender de ninguén”.

7, maio, 2019.

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, reivindicou hoxe unha forza política que só sabe “falar ben alto e claro de propostas e construír un Ourense en positivo”, durante a súa intervención no acto de presentación da candidatura popular ao Concello de Ourense que lidera Jesús Vázquez. En Expourense e diante dun ateigado escenario, Manuel Baltar agradeceu o esforzo e o traballo “de todos cantos facedes este partido, de todos os que só queremos o mellor para Ourense”, lembrando neste punto aos anteriores alcaldes populares e aos concelleiros que acompañaron a Jesús Vázquez neste mandato.

O presidente provincial marcou o reto a alcanzar na capital –“a primeira que ten que ser de Galicia”- sinalando que os ourensáns merecen unha gran maioría que permita gobernar sen depender de ninguén. Así, dixo, “fronte a unha oposición que non foi quen de sumar para gobernar e nos fixo perder un tempo moi necesario, Jesús Vázquez demostrou a súa capacidade de traballo, procurando a colaboración institucional para sacar proxectos adiante”.

Manuel Baltar fixo mención concreta ao único comité permanente de cooperación existente en España entre unha capital de provincia e a Deputación, “o que permitiu incluír ao Concello de Ourense no plan provincial de Obras  ou rescatar o Festival Internacional de Cine”.

Baltar pediu que todo o agarimo amosado no acto de presentación da candidatura de Jesús Vázquez “tamén se traduza o 26 de maio nun apoio maioritario que convirta de novo a Ourense na provincia con maior porcentaxe de apoio electoral ao PP, como nas eleccións xerais, e polo valor dobre dun voto que tamén significará seguir gobernando a Deputación”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: