Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Baltar: “O 26 de maio ten que agromar un novo goberno e un novo alcalde en Castrelo de Miño”

Imprimir ppou - 07-Maio-2019 - 13:54:25 


• O presidente provincial do PP afirmou durante a presentación da lista popular neste concello, encabezada por Avelino Pazos, “que esta candidatura reflicte unha nova xeración de persoas implicadas co noso proxecto, coa forza suficiente para facerse cargo dun concello que demanda urxentemente un cambio de ritmo”.

6, maio, 2019.

“O 26 de maio ten que agromar un novo goberno e un novo alcalde en Castrelo de Miño”, afirmou hoxe o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, durante o acto de presentación da candidatura que os populares presentan neste concello do Ribeiro e que encabeza Avelino Pazos. Unha candidatura, subliñou, “que reflicte unha nova xeración de persoas implicadas co noso proxecto, coa forza suficiente para facerse cargo dun concello que demanda urxentemente un cambio de ritmo”.

  
  
Manuel Baltar loubou o saber facer de Avelino Pazos –“traballador, leal e de confianza”- á hora de elaborar un equipo que xera ilusión e que terá como obxectivo conseguir o 50 % do apoio electoral, “contribuíndo a que Ourense volva a ser a provincia con máis votos populares de España, como así foi nas xerais”.

Crer en Castrelo de Miño, crer en Ourense e, agora, “traballar con paixón é política pura”, asegurou Baltar,  que lembrou os resultados obtivos o pasado domingo nos que o Partido Popular de Ourense gañou en 70 concellos, “o que significaría ter 53 maiorías absolutas, algo que non está ao alcance de ninguna outra formación política”.

O PP é sinónimo de colaboración e cooperación, engadiu, destacando a aposta que desde a Deputación se fixo por un parque náutico “protagonista da Vuelta a España en 2016, referente do termalismo deportivo e no 2021 do remo cunha competición internacional”.
 
PAZOS OFRECE UN CONCELLO “PLURAL, DINÁMICO E DE FUTURO”
Avelino Pazos, cabeza de lista da candidatura popular en Castrelo de Miño, destacou pola súa banda que o seu principal obxectivo “será crear un concello plural, dinámico e con futuro”, desenvolvendo un ambicioso plan de goberno “para o que conto cun equipo de xente extraordinariamente capaz, implicada e con experiencia en múltiples ámbitos que saberán aplicar á política local”. Unha lista, renovada ao 99 %, dixo, “con 19 homes e mulleres que afrontamos este desafío con ilusión, dedicación e imaxinación”.

O candidato á alcaldía dixo asumir este reto “con valentía, pero tamén con responsabilidade, para tentar cambiar unha dinámica que estes derradeiros anos non procuraba o benestar de tódolos veciños”. Para facilitar o cambio, Pazos sinalou que un dos eixos prioritarios da súa proposta de goberno será “loitar decididamente contra a despoboación e o empobrecemento de Castrelo”.

Así, anunciou que procurará o compromiso firme das administracións provincial e autonómica para por en marcha diversas medidas, como a creación dun hotel balneario ou unha nova residencia para maiores, “entre outras 19 razóns que incluímos no noso programa de goberno e que exsplicaremos a cada un dos nosos veciños”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: