Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  O PP renderá unha homenaxe ao alcalde de Taboadela, Manuel Gallego, por toda unha vida dedicada ao concello

Imprimir ppou - 06-Maio-2019 - 15:53:45 


• “Este é o recoñecemento de todo un partido ao compromiso dunha persoa co seu pobo durante medio século de traballo político”, destaca o presidente provincial, Manuel Baltar. 

6, maio, 2019.

O Partido Popular de Ourense, a través da xunta local de Taboadela e xunto cos compañeiros de corporación, renderá unha merecida homenaxe ao actual alcalde, Manuel Gallego, que neste mandato porá fin a unha longa traxectoria política no Concello de Taboadela, con 47 anos como alcalde e 52 como concelleiro. 

Un recoñecemento que xa anunciara a finais de xaneiro o presidente provincial, Manuel Baltar, para quen “esta é a homenaxe de todo un partido, que agradece así o seu compromiso durante medio século e toda unha vida dedicada ao seu pobo, traballo que foi premiado elección tras elección co apoio maioritario da veciñanza de Taboadela”. Unha vez máis, engadiu o presidente provincial, Manuel Gallego “da agora unha nova lección cedendo o paso a un novo proxecto político liderado por Antonio Paz”, que encabeza a lista do PP no concello para as eleccións locais do 26 de maio.

O propio Antonio Paz, que tivo palabras de agradecemento “para un home e un alcalde cun currículo intachable que será difícil igualar”, fixo unha chamada á participación nesta homenaxe, que terá lugar o próximo día 11 no restaurante Conde de Taboadela.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: