Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Baltar defende un proxecto audaz e transparente para O Barco “fronte a un modelo socialista caduco”

Imprimir ppou - 03-Maio-2019 - 12:25:41 


• Na presentación da candidatura popular na capital valdeorresa, o presidente provincial subliñou que “se aprecia unha posibilidade real de cambio no Barco, que terá unha excelente oportunidade para demostralo facendo que o PP sexa a forza máis votada e Sabina Augado a persoa que lidere unha nova etapa, coa perspectiva diferente que dá unha visión feminina”.

30, abril, 2019.

O presidente do Partido Popular, Manuel Baltar, defendeu hoxe o proxecto audaz e transparente que representa a lista que lidera Sabina Augado “fronte a un modelo socialista caduco e sen horizontes que en vinte anos non soubo liderar ningún proxecto a nivel provincial”. Manuel Baltar fixo estas declaracións durante a presentación da candidatura do PP no Barco de Valdeorras para as eleccións do 26 de maio, acto no que a candidata á alcaldía afirmou que os seus compañeiros de lista concorren unidos “coa profunda convicción de que o noso pobo necesítanos e o obxectivo común de conseguir a alcaldía para o proxecto que representa o Partido Popular”. 

  
  
O Barco de Valdeorras terá a oportunidade de contar coa primeira alcaldesa da súa historia, apuntou o presidente provincial, “para loitar contra o hastío, a apatía, o conformismo e maila autosuficiencia do actual rexedor, Alfredo García”. 

Manuel Baltar subliñou que “se aprecia unha posibilidade real de cambio no Barco de Valdeorras, que terá unha excelente oportunidade para demostralo facendo que o PP sexa a forza máis votada e Sabina Augado a persoa que lidere unha nova etapa, coa perspectiva diferente que dá unha visión feminina”. 
Unha oportunidade de cambio, significou o presidente provincial, “que ven dada pola maioría absoluta do centro dereita que se observa na extrapolación dos resultados electorais do pasado domingo”. Agora, tendo en conta que na capital valdeorresa non se presentan nin Cuidadanos nin Vox, “temos que facer chegar a eses votantes que non querían a Sánchez que tampouco queremos a un Sánchez no Barco”.

Sabina Aguado e a súa candidatura, engadiu, terán o mellor apoio “no único partido que pola súa visión de provincia e de comarca, máis aló do ámbito local, é capaz de incluír no seu programa acciones específicas para Valdeorras”, en referencia ao programa da súa candidatura á presidencia da Deputación.
 
NOVAS INCORPORACIÓNS E EXPERIENCIA NA LISTA POPULAR
Sabina Augado, como cabeza da lista popular no Barco, comezou a súa intervención agradecendo a presenza de Manuel Baltar, “xa que pon de manifesto o apoio a unha candidatura coa que esperamos conseguir un gran resultado do que todos sintamos orgullos e ofrecer así un novo goberno para O Barco, porque o actual está claramente esgotado”. Un apoio que para Augado “confirma a decidida aposta do PP polo noso concello e a súa comarca”, en referencia ás propostas que o presidente provincial e candidato popular á presidencia da Deputación inclúe no seu programa de goberno. 

“Somos vinte e unha persoas valentes que en momentos difíciles damos a cara e facémolo porque nos une a profunda convicción de que o noso pobo necesítanos e o obxectivo común de conseguir a alcaldía para o proxecto que representa o Partido Popular”, dixo Augado ao presentar a candidatura popular do Barco para as eleccións do 26 de maio e que incorpora a oito novos nomes na súa lista, “que nos achegan intensidade, forza, optimismo e novas ideas”. Pero tamén, sinalou, persoas con experiencia “que coñecen ben o día a día do concello e a vida orgánica do partido”. 

Todos eles, dixo, “coa única ambición colectiva de ofrecer un goberno local que estea á altura dos veciños do Barco e que posúen un coñecemento directo do noso municipio e os seus principais sectores económicos e sociais”. En definitiva, afirmou, veciños e veciñas do Barco con vidas, ilusións, dificultades e obxectivos semellantes a quen aspiro a representar”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: