Noticias
Blog
Eleccións Xerais 2019: Manuel Baltar: “O PP de Ourense certificou unha victoria máis que imos ratificar o 26 de maio”
• O presidente provincial destacou que a provincia obtivo a maior porcentaxe de apoio de toda España, case un 35 % a falta do reconto do voto emigrante e por diante das provincia de Lugo, Ávila e Salamaca, case 7,5 puntos máis que a media do PP de Galicia, máis de 18 puntos a nivel nacional e foi a forza máis votada en 70 concellos da provincia.
29, abril, 2019.
A provincia de Ourense rexistrou a maior porcentaxe de apoio ao Partido Popular en toda España, “certificando unha victoria máis que imos ratificar o próximo 26 de maio”, dixo hoxe o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, durante a súa comparecencia diante dos medios de comunicación para valorar os resultados electorais do domingo. “A representación obtida a nivel nacional non foi en absoluto a desexada polo PP”, recoñeceu Baltar, para quen agora toca xa pensar en clave de municipais “con obxectivos claros e definidos, como superar o récord de 71 alcaldías e seguir a gobernar a Deputación”.
O presidente provincial afirmou que “o PP ourensán resistiu e presenta uns resultados que reflicten os obxectivos de campaña”, destacando o feito de ser a provincia con maior porcentaxe de apoio de toda España, case un 35 % a falta do reconto do voto emigrante e por diante das provincia de Lugo, Ávila e Salamaca, case 7,5 puntos máis que a media do PP de Galicia, máis de 18 puntos a nivel nacional e ser a forza máis votada en 70 concellos da provincia, empatando ademais en Laoruco. No ámbito local, felicitouse por ser o único partido que superou o 60 % en concellos, destacando os resultados obtivos en Avión, Beariz e Quintela de Leirado, con máis do 75 %.
“Finalmente non repetimos os tres escanos conseguidos en xuño de 2016 no Congreso, pero compre salientar que conseguimos tres de catro senadores que estaban en xogo, o que significa no cómputo global que o PP obtivo 5 dos 8 representantes ourensáns nas Cortes Xerais”, apuntou Baltar.
O presidente provincial, que felicitou tamén ás outras forzas que obtiveron escanos, tivo palabras de recoñecemento para para os máis de 66.000 ourensáns que confiaron su voto ao Partido Popular, así como para os 702 interventores e 724 apoderados do PP que traballaron na xornada do domingo e todos aqueles que o fixeron ao longo da campaña.
Agora, dixo, “hai que pensar en clave municipal e seguir traballando como o facemos sempre para conseguir un magnífico resultado o 26 de maio. O PP de Ourense é o único partido que presenta candidaturas nos 92 concellos da provincia “e estamos concienciados para seguir a mellorar os nosos resultados, seguir sendo a forza política máis votada da provincia e superar o récord de 71 alcaldías.