Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Xerais 2019: O PP velará pola licitación da variante exterior de Ourense no segundo semestre do ano

Imprimir ppou - 23-Abril-2019 - 18:43:55 


• Nunha visita realizada ás obras de adaptación da estación Ourense-Empalme para a chegada do AVE, os candidatos subliñaron que o ramal que hoxe se constrúe entre Taboadela e a cidade ten carácter provisorio e que baixo ningún concepto deixarán de reivindicar o novo trazado.

23, abril, 2019.

O Partido Popular despregará todas as iniciativas políticas necesarias para velar pola licitación, no segundo semestre deste ano, da variante exterior de Ourense. Así o aseguraron hoxe os candidatos populares ao Congreso e ao Senado trala visita que realizaron ás obras que se están a executar na estación Ourense-Empalme, na que tamén estiveron acompañados polo presidente da xunta local da cidade e candidato á alcaldía, Jesús Vázquez. Os candidatos subliñaron que o ramal que hoxe se constrúe entre Taboadela e Ourense ten carácter provisorio e que baixo ningún concepto deixarán de reivindicar a variante exterior (Taboadela-Túnel de Rante-Seixalbo-Ourense).

  
  
Ana Vázquez, Celso Delgado e Miguel Ángel Viso comprometéronse a seguir impulsando as obras programadas nas instalacións, que responden a oconvenio marco de colaboración subscrito o 22 de xuño  de 2016 –na  etapa de goberno do PP- entre o Ministerio de Fomento, Adif Alta Velocidade, Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, nunha clara mostrade cooperación entre administracións.

Así, lembraron, en setembro do pasado ano xa comezaron as obras adxudicadas pola Xunta para a nova terminal de autobuses, que contará con trece dársenas de operación, tres de regulación e un edificio de máis de 700 metros cadrados construídos. Ademais, Adif  xa adxudicou en marzo deste ano as obras do novo aparcamento para 302 turismos, integrado na estación intermodal de Ourense, sen esquecer que tamén se están a executar a remodelación de vías e plataformas da estación, que teñen como obxectivo adaptar a terminal aos novos servizos de alta velocidade.

Por outra banda, os candidatos tamén aseguraron que na súa axenda de traballo figurarán os investimentos no Corredor Atlántico, que vai significar un transporte ferroviario de mercadorías fiable e competitivo para os portos galegos e plataformas loxísticas, onde Ourense tamén estará chamado a xogar un papel importante, no que estará presente o estudo de viabilidade dunha terminal de carga no polígono industrial de San Cibrao.

Por último, fixeron unha chamada ao impulso da renovación do trazado entre Ourense e Lugo, que contribuirá ao incremento de viaxeiros e á cohesión territorial da Galicia interior.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: