Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Xerais 2019: O PP transmite unha mensaxe inequívoca de apoio á autovía A-76 como un proxecto vital para Valdeorras

Imprimir ppou - 22-Abril-2019 - 23:00:27 


• Os candidatos populares, nunha visita ao Barco de Valdeorras, acompañados polo presidente provincial, Manuel Baltar, comprometénse a traballar a reo para conseguir a licitación nos vindeiros meses das obras nos tramos máis avanzados da autovía que unirá Ourense e Ponferrada.

22, abril, 2019.

O Partido Popular transmitiu hoxe unha mensaxe inequívoca de apoio á autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) como unha infraestrutura vital para o desenvolvemento das comarcas de Valdeorras e O Bierzo, esixindo a licitación inmediata das obras nos tramos máis avanzados desta autovía, así como tamén investimentos periódicos para o mantemento da N-120.

  
  
Así o puxeron de manifesto os candidatos populares  ao Congreso e ao Senado durante a visita que esta mañá realizaron ao Barco de Valdeorras, acompañados polo presidente provincial, Manuel Baltar, a candidata á alcaldía do Barco, Sabina Aguado e o parlamentario autonómico Moisés Blanco. Unha representación á que se sumaron por parte da comarca do Bierzo a candidata do PP en León, Begoña Coelo, e o candidato popular á alcaldía de Ponferrada, Marco Morala.

Manuel Baltar subliñou que o goberno de Mariano Rajoy impulsou decisivamente esta infraestrutura “con realidades reflectidas no BOE, como a redacción e licitación dos proxectos desta autovía, consignando partidas suficientes, mentres que o goberno de Sánchez demostrou que non lle importa Galicia reducindo en case un 90 % os investimentos en estradas no seu fallido orzamento”.
A este aspecto referiuse tamén o candidato popular ourensán, Celso Delgado, destacando que se nos orzamentos do PP de 2018 se consignaron 4,8 millóns de euros para todos os tramos da autovía, para 2019 os socialistas só deixaban no seu proxecto económico 822.290 euros, un 82,91 % menos.

Especial agravio, engadiu Delgado, supuxo que o tramo máis avanzado da autovía, A Veiga de  Cascallá-O Barco de Valdeorras, en condicións de licitar neste ano, fora a recibir unha ridícula partida de 100.000 euros, cando nos orzamentos de Rajoy había consignados 3 millóns de euros. Tamén houbo unha mención particular á circunvalación do Barco, cuxas obras se adxudicarán a mediados deste ano “pero que no proxecto económico dos socialistas tiña un orzamento de 2 millóns de euros, inferior aos 3 millóns que consignou o PP”.

Tanto o presidente provincial como o candidato coincidiron en sinalar que o Partido Popular, a través dos seus deputados, “amosaron un compromiso permanente para que desde os executivos de Rajoy e do PSOE se activasen todos os trámites para a execución desta infraestrutura e houbese sempre diñeiro para acometer as diferentes fases”.

A visita ao Barco de Valdeorras dos candidatos ourensáns e do presidente provincial do PP tamén incluíu outras citas de interese nos ámbitos social, cultural e empresarial, mantenedo encontros cos representantes da Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras  (Asfaval), do Instituto de Estudos Valdeorreses e da Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA), dos que escoitaron as súas demandas e aos que lle explicaron as propostas que o PP inclúe no seu programa electoral para estas tres áreas.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: