Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 González Pons clausurou a Convención de cargos menores de 45 anos do PP de Ourense

Imprimir ppou - 26-Febreiro-2011 - 10:19:28 

O vicesecretario de Comunicación do Partido Popular, Esteban González Pons, clausurou a Convención de cargos menores de 45 anos do PP de Ourense, a cal reuniu a máis dun centenar de cargos públicos e orgánicos populares da provincia de Ourense. Na convención analizáronse temas como "A muller na política", "As inquedanzas actuais da mocidade" e "O protagonismo de Internet nas vindeiras eleccións municipais".O acto contou coa presenza do presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar.
Posteriormente, tivo lugar a reunión da Xunta Directiva Provincial do PP, á que foi convidado Esteban González Pons. Na reunión tratáronse temas relativos á organización e estratexias de cara ás vindeiras eleccións municipais do mes de maio.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: