Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Xerais 2019: Os populares denuncian o agravio do goberno central con Ourense e esixen a licitación inmediata da variante norte

Imprimir ppou - 17-Abril-2019 - 00:01:35 


• En Eirasvedras, nun acto en defensa das infraestruturas para Ourense, os candidatos do PP ás xerais e o candidato á alcaldía da capital, Jesús Vázquez, reivindicaron un proxecto que permitiría desenvolver un gran paseo con accesibilidade e bos servizos para potenciar a condición de Ourense como capital termal de Galicia e España.

16, abril, 2019.

O Partido Popular de Ourense esixe que sexan licitadas de inmediato as obras de construción da variante norte de Ourense, no seu primeiro tramo que vai desde Eirasvedras a Quintela, de 1,7 quilómetros de lonxitude  e 30 millóns de euros de orzamento, proxecto impulsado polo goberno de Mariano Rajoy pero esquecido polos socialistas nun claro exemplo de agravio cara os ourénsáns.

  
  
Así o manifestaron os candidatos populares ao Congreso e ao Senado, que acompañados polo presidente da xunta local de Ourense e candidato á alcaldía da capial, Jesús Vázquez, reivindicaron en Eirasvedras a licitación neste ano dunhas obras que significarían a cesión á cidade dun tramo da actual N-120, paralela ao río Miño, facendo posible desenvolver un gran paseo con accesibilidade e bos servizos para potenciar a condición de Ourense como capital termal de Galicia e España.

O 2018 debería ter sido o ano no que esta infraestrutura fose licitada, lembraron os representantes populares, pero lamentablemente a chegada ao goberno de Sánchez significou que se adiara esta infraestrutura, alegando para sorpresa de todos a necesidade de facer unha auditoría de seguridade vial para unha estrada que no seu conxunto so ten 4,8 quilómetros.

No só iso, explicaron os candidatos, senón que o escaso interese do goberno socialista por este proxecto quedou reflectido nos orzamentos do Estado para 2019, no que esta estrada tiña cero euros, cando nos orzamentos do PP de 2018 existía unha partida de 2,5 millóns.

Rexeitados os orzamentos do PSOE, hoxe están prorrogados os do PP e aí segue esa partida que posibilitaría a licitación, polo que os candidatos do Partido Popular comprometéronse a traballar para que estre tramo sexa licitado no presente ano.

Tamén se referiron os presentes no acto ao segundo tramo da variante, Quintela-A Casilla, de 3,1 quilómetros, que comprende desde a ligazón de Quintela coa  N-120 ata a ligazón da Casilla coa  N-525, reclamando a conclusión da redacción do proxecto de construción e, aínda que non dispoñendo de orzamento para licitar e executar as obras este ano 2019, que se consigne unha partida para o 2020.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: