Noticias
Blog
Eleccións Xerais 2019: O PP traslada ao xóvenes empresarios o seu compromiso co pulo ao emprendemento
• Nunha reunión cos membros da asociación AJE, dos candidatos ao Congreso e ao Senado fixeron especial mención á chamada “autopista administrativa”, que pretende axilizar a constitución de empresas para que en sete días, ao máximo, se podan crear novos proxectos.
15, abril, 2019.
Os candidatos do Partido Popular ao Congreso e ao Senado mantiveron esta mañá unha reunión coa Asociación de Xóvenes Empresarios para escoitar as súas principais inquedanzas e trasladar as propostas que inclúe o programa popular para dar pulo a este colectivo.
Os representantes do PP lembraron o compromiso que o partido mantivo sempre cos emprendedores, como xeradores de riqueza, de emprego e de iniciativas innovadoras. Nesta liña sublimaron que a Lei de Apoio ao Emprendemento do goberno de Mariano Rajoy axudou a crear preto de 35.000 empresas, mellorando o seu marco regulatorio, facilitando a reestruturación do crédito, financiemento alternativo oou a rebaixa de impostos cun tipo reducido do 15 % paras empresas de nova creación.
Logo de repasar diversas cuestións relacionadas coa cultura empresarial, a formación profesional dual, o apoio o comercio e ás empresas agroalimentarias, infraestruturas, loxistica e os principais sectores produtivos da provincia, os candidatos populares expuxeron as claves das novas iniciativas que propoñen para unha próxima lexislatura, tendo en conta ademais que se achega a chamada cuarta revolución industrial.
Ademais da reforma fiscal, das medidas para reter talento, para gañar competitividade e sumarse á dixitalización empresarial, os candidatos fixeron especial mención á chamada “autopista administrativa”, que pretende axilizar ao máximo o proceso de constitución de empresas para que en sete días, ao máximo, se podan crear novos proxectos.