Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Xerais 2019: Manuel Baltar reivindica o voto unido “ao redor do único partido que vive e defende o sentimento galeguista”

Imprimir ppou - 14-Abril-2019 - 13:28:31 


• Nos mítines celebrados hoxe en Trives e Maceda, o presidente provincial afirmou que de nada vale “formular grandes propostas nos ámbitos da economía, do benestar, das infraestruturas e mesmo da defensa do rural se nos esquecemos da nosa identidade”.

• Miguel Ángel Viso, cabeza de lista dos populares ourensáns ao Senado, fixo unha referencia especial á súa nova etapa como candidato á Cámara Alta, asegurando que “a experiencia no Congreso axudarame a traballar nunha cámara de representación territorial totamente lexítima na que se combina a representación das comunidades e provincias”.

15, abril, 2019.

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, apelou hoxe á característica que máis diferenza á formación ourensá do resto de forzas políticas para pedir o voto unido “ao redor do único partido que vive e defende o sentimento galeguista”. Baltar lanzou esta mensaxe nos mitines celebrados na xornada de hoxe nas localidades de Pobra de Trives e Maceda, nos que tamén interviron Francisco Conde, membro da executiva do PPdeG, e o cabeza de lista da candidatura ao Senado, Miguel Ángel Viso, quen afirmou que “os senadores ourensáns demostrarán unha vez máis que serán os defensores da provincia e da igualdade de oportunidades entre territorios”.

  
  
Os nacionalismos radicais, os populismos totalitarios e o independentismo “non poden ter cabida nas institucións porque rachan coa cohesión do país, pero tamén acaban co sentimento en positivo de pertenza ao territorio e coa igualdade de dereitos e oportunidades dos cidadáns”.

Ás formacións que concorrren a estas eleccións esíxelles que falen de propostas para a provincia, “pero ningunha fala de galeguismo como fai o PP de Ourense -subliñou Manuel Baltar, como xa fixemos hai días na casa museo de Otero Pedrayo para significar que somos a forza política que máis se asemella ao seu territorio e ás súas xentes”. De nada vale, engadiu, “formular grandes propostas nos ámbitos da economía, do benestar, das infraestruturas e mesmo da defensa do rural se nos esquecemos da nosa identidade, da nosa cultura e das achegas dos homes e mulleres que, no pasado, ensináronnos a facer política desde a base do sentimento de pertenza a unha terra e de crenza nas súas potencialidades”.

O Partido Popular de Ourense, dixo Baltar, “é unha formación autoesixente que di publicamente os seus obxectivos nestas eleccións, que son conseguir tres representantes no Congreso e no Senado que terán nomes e apelidos galeguistas”.

Pola súa banda, Miguel Ángel Viso, cabeza de lista dos populares ourensáns ao Senado, fixo unha referencia especial á súa nova etapa como candidato á Cámara Alta, asegurando que “a experiencia obtida logo do meu paso polo Congreso axudarame sen dúbida a traballar nunha cámara de representación territorial totamente lexítima na que se combina a representación das comunidades autónomas e das provincias”.

Afirmou que o PP de Ourense “presenta as mellores candidaturas a ambas as dúas cámaras para defender a singularidade da nosa provincia desde a política nacional”. Viso pediu  o voto dos veciños de Trives e Maceda “para un partido que se presenta para gañar, non para empatar, cun programa ambicioso e para demostrar que somos o partido que prefiren os cidadáns para liderar gobernos de progreso”.

O candidato puxo en valor a experiencia dos homes e mulleres que integran as listas do Partido Popular de Ourense, “que se poñen ao servizo dos ourensáns para defender con ilusión e con todas as gañas de traballar un proxecto de provincia que sumará á proposta do Estado que presentamos os populares en toda España”.





(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: