Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Xerais 2019: Manuel Baltar destaca a decidida aposta do PP “por seguir a desenvolver un proxecto de futuro para o rural”

Imprimir ppou - 13-Abril-2019 - 18:51:52 


• En Bande, a número uno ao Congreso, Ana Vázquez, pediu o voto dos seus veciños para un partido “que ven demostrando desde hai moito tempo que pensa, se implica e actúa nese 80 % do noso territorio dedicado ao sector primario e para o que poremos en marcha máis de 50 medidas de impulso”.

13, abril, 2019.

O Partido Popular “cre como ninguén na vertebración do territorio, unha idea clave no noso modelo de xestión que pasa por seguir a desenvolver un proxecto de futuro para o noso rural, co reto demográfico como unha das premisas fundamentais”. O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, reafirmou así o compromiso da formación popular co rural ourensán, durante os actos celebrados en Cartelle e Bande na segunda xornada da campaña para ás eleccións xerais do 28 de abril, acompañados hoxe polo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado. Logo do mitin celebrado en Cartelle, a cabeza de lista ao Congreso, Ana Vázquez, pediu en Bande, a súa terra natal, o voto dos seus veciños para un partido “que ven demostrando desde hai moito tempo que pensa, se implica e actúa nese 80 % do noso territorio dedicado ao sector primario e para o que o PP porá en marcha máis de 50 medidas de impulso”.

  
  
Na súa mensaxe á veciñanza de Cartelle e Bande, Manuel Baltar reivindicou o protagonismo que na axenda do Partido Popular de Ourense ten o reto demográfico, “porque non esquezamos que ás zonas rurais son o eixo do sector agroalimentario e forestal, onde a nosa provincia ten recursos e potencial dabondo para facer fronte ao desafío da despoboación”.
“Non se trata de ideas para unha campaña electoral”, enfatizou o presidente provincial, que puxo como exemplo dese compromiso a aposta do PP de Ourense por traballar a nivel europeo para que se teña en conta nos fondos de cohesión ás áreas con menor poboación. “Xa o estamos a facer nos organismos europeos nos que representamos ás provincias, e agora o partido toma boa nota a nivel nacional para que a Unión Europea poña á nosa disposición liñas de financiamento que contribúan a un novo horizonte no rural”.

Todos estes retos teñen resposta no programa que o Partido Popular presenta para recuperar o goberno de España, dixo entre tanto Ana Vázquez na súa vila, Bande. “A nosa proposta é un plan con máis de medio cento de medidas, coas que queremos que concellos como o meu se convirtan nun lugar idóneo para que desenvolvades o voso proxectos de vida, persoal e laboral”.

Ana Vázquez apelou á súa experiencia persoal para defender “a igualdade de oportunidades de todos os habitantes da provincia, con independencia do lugar onde residamos, e para iso imos seguir a traballar en garantir o acceso a servizos de calidade, na mellora das condicións socioeconómicas das zonas rurais e favorecendo o emprendemento con especial atención á capacitación dos mozos que queran poñer en marcha novas iniciativas”.
 
MITIN EN CARTELLE
O auditorio de Outomuro, en Cartelle, foi o escenario elixido polos populares de Ourense para o primeiro mitin da tarde. Acompañada polo candidato á alcaldía, Jaime Sousa, así como tamén polo resto de candidatos, Miguel Tellado e Manuel Baltar, a número dous ao Congreso, Carmen Leyte, dirixiuse aos seus veciños para reivindicar tamén “o dereito e as oportunidades que todos temos para escoller vivir nun rural activo, obxectivo que estamos seguros de poder alcanzar coas propostas de goberno que vos presentamos.


Suscíbete:
Redes Sociales: